Páxinas

luns

Primeira tarefa do noso Proxecto Documental Integrado

Dende a Pepateka nos chegou o conto "Mamá Bruce" no que un oso se convertía na mamá duns pequenos gansos e os levaba ao sur cada ano no inverno... De ahí parteu a tarefa, buscar lugares do noroeste de Galicia nos que podamos ir en familia a desfrutar e divertirnos.

Presentamos o mapa que vai ir viaxando polas escolas do CRA e no que iremos apuntando cada lugar que as familias propoñedes: 



Buscamos onde estamos nós:


E comezamos a marcar lugares aos que podemos ir:







Pero ese mapa non quedaba na Choeira2... así que fixemos un nós mesmos, con título e todo!


Buscamos na guía turística do noroeste de Galicia a que lugares nos gustaría ir: 




E por último, pegamos as fotos deses lugares no seu lugar do mapa:


Seguiremos traballando no mapa! 


Benvido, Outono!

No mes de setembro démoslle a benvida ao outono, e non nos podemos queixar que estamos tendo moi bo tempo... 

Esta actividade propúxonola a profe Paula, que nos está acompañando neste primeiro trimestre. 

Contounos a historia de por que hai árbores que perden as súas follas no outono, mentres que outros as teñen todo o ano e despois vestímonos con follas nós mismos: Mirade que chuladas! 




Na nosa aula...

Na nosa aula... 

construimos xuntas...




Xogamos na cociña...


Creamos...


Mantemos todo ordeado e limpo...


Imaxinamos...


Cociñamos...


Seguimos camiños...


E sorrimos....

Aniversario da nosa compañeira Area


En setembro cumpleu anos unha persoa moi especial... 

Tendo como inspiración a celebración da vida de María Montessori, colocamos un tapete co sol no medio (unha veliña led) e os meses en círculo, a nosa protagonista do día coa terra nas súas mans, empeza a dar voltas ao ritmo da canción: 

A terra dou unha volta ao sol, 
volta ao sol, 
volta ao sol,

A terra dou unha volta ao sol,
e Area cumpleu un ano!

Imos cantando e Area vai sumando anos e voltas ao sol, ata chegar aos 5 que cumpreu.

Tamén imos vendo na Pantalla a presentación coas fotos de Area nos seus cumpreanos que nos compartiu a súa familia (moitas grazas) e encantoulle verse de pequena e ver como foi cambiando.



Como vedes, tamén vai colocando os números dos anos que foi cumprindo.


Dámoslle un forte aplauso e felicitámola!


Parabéns Area! Que cumplas moitos máis e que che vexamos cumplilos!

Trazos na bandexa de area


Practicar a motricidade fina é esencial para prepararse para a lectoescritura. 

Na pedagoxía Montessori consideran que un dos pasos previos á mesma é practicar diferentes trazos e formas na bandexa de area. 

E aquí están as pequenas e pequenos practicando: 








Só vendo as súas caras de concentración, comprobamos que é unha actividade que lles gusta moito e que están a facer as conexións cerebrais necesarias para a futura lectoescritura. 

Seguimos! 

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...