Páxinas

luns

5ª TAREFA INTEGRADA

"El MUSEO DE TRONQUITO" foi o libro elixido para a realización da 5ª Tarefa Integrada.
Tronquito e unha personaxe que coas cousas que atopa unha gran cantidade de tesouros no bosque polo que decide clasificalos e facer un museo.

Resultado de imagen de el museo de tronquito"

Nós tamén saímos a buscar tesouros aos arredores do cole e recollimos elementos naturais.






Unha vez na aula clasificamos todos estes elementos tal e como fixo Tronquito


E como producto final desta tarefa creamos unha obra colectiva "LAND ART"




4ª TAREFA INTEGRADA

Co libro "Relajaciones" aprendemos a relaxarnos mediante exercicios que nos axudan a calmarnos e concentrarnos, mellando así a nosa saúde.





A importancia da respiración é algo que descubrimos con esta actividade polo que ademáis de descubrir estratexias de relaxación, investigamos sobre o que pasa no noso corpo cando respiramos.



Tamén descubrimos que para poder falar necesitamos respirar, pero  tamén os animais necesitan respirar para emitir os seus sons e poder comunicarse entre eles.

Por elo tivemos que elixir 4 animais e grabamos os seus sons que as demaisescolas deberían adiviñar.


Se queredes ver o resultado precede AQUÍ e escoitade con atención

domingo

BO NADAL!!!!

O venres celebramos a festa de NADAL do CRA de Culleredo na escola da Choeira en compañía de todo o alumnado do cole.



Un día especial cheo de risas, nervios e unha sorpresa fantástica que fixo realidade a profe Lorena cun video clip coas nenas e nenas como protagonistas.

Pinche AQUÍ para velo

E ademáis a ESCOLA DA CHOEIRA 2 fixemos esta felicitación navideña coas familias dos menos e nenas



BO NADAL!!!!

xoves

MINIMUNDOS

Ao longo deste curso comezamos a montar pequenos minimundos con materiais non estructurados no momento dos recantos. Estes minimundos favorecen a imaxinación, a creatividade, a motricidade fina e moitos outros aspectos.

Aquí vos deixamos algunhas das fotos dos minimundos montados ata agora:









EXCURSIÓN LONXA-AQUARIUM FINISTERRAE

En relación ao noso Proxecto Documental Integrado, visitamos a LONXA e o AQUARIO FINISTERRAE e ademáis de aprender moitísimas cousas, o pasamos fenomenal!!!!

Ademáis... COÑECIMOS A CARPIÑO!!!


Aquí vos deixamos o video



DECÁLOGO MEDIO AMBIENTE

Coas achegas que as familias nos fixeron chegar ao cole, elaboramos un "DECÁLOGO AMBIENTAL" para axudar ao noso Planeta:





E na nosa aula o traballamos coa axuda do escornabot e así fomos analizando e descubriendo cada punto dos 10 do que se conforma.



Esperemos as vosas fotos para seguir traballando en torno ao DECÁLOGO que vos mesmos fixéchedes posible


martes

ALGUÉN QUIXO ROUBAR O NADAL

O Nadal xa está aquí!!! PERO... os adornos e os materiais que preparamos para comezar a decorar apareceron nunha caixa pechada cun candado.





O primeiro que vimos foi un código QR que escaneamos e apareceu unha mensaxe secreta dun personaxe que quería ROUBAR O NADAL!!!!

Quén será?? 
Porqué quere roubar a MAXIA, A ILUSIÓN, A FELICIDADE E A SOLIDARIEDADE???


No video o primeiro que nos propuxo foi un acertixo: 
"Pon un pé e despois o outro cando queiras subir ou baixar"

a seguinte pista estará na ESCALEIRA






Coa pista seguinte propúxonos un xeroglífico que ainda que era bastante difícil, fomos capaces de resolvelo!!!

A seguinte pista está no BAÑO





E cunha sopa de letras descubrimos que a seguinte pista estaba na BIBLIOTECA




Agora tocaba facer uso dos coñecementos de robótica e guiamos ó escornabot seguindo as indicacións dadas




E como reto final para descubrir o código que abriría o candado, tivemos que descubrir os amigos do 10




E tamén descubrimos que o responsable de tal trasnada foi... 

O GRINCH


Menos mal que os nenos e nenas da Choeira 2 resolveron os retos e conseguiron abrir a caixa cos adornos e tamén unha das partes máis importnates no NADAL:

MAXIA
ILUSIÓN
FELICIDADE
SOLIDARIEDADE


GRAZAS ALEX POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA QUE NOS PROPUXECHES!!!

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...