O primeiro que vimos foi un código QR que escaneamos e apareceu unha mensaxe secreta dun personaxe que quería ROUBAR O NADAL!!!!
Quén será??
Porqué quere roubar a MAXIA, A ILUSIÓN, A FELICIDADE E A SOLIDARIEDADE???
No video o primeiro que nos propuxo foi un acertixo:
"Pon un pé e despois o outro cando queiras subir ou baixar"
a seguinte pista estará na ESCALEIRA
Coa pista seguinte propúxonos un xeroglífico que ainda que era bastante difícil, fomos capaces de resolvelo!!!
A seguinte pista está no BAÑO
E cunha sopa de letras descubrimos que a seguinte pista estaba na BIBLIOTECA
Agora tocaba facer uso dos coñecementos de robótica e guiamos ó escornabot seguindo as indicacións dadas
E como reto final para descubrir o código que abriría o candado, tivemos que descubrir os amigos do 10
E tamén descubrimos que o responsable de tal trasnada foi...
O GRINCH
Menos mal que os nenos e nenas da Choeira 2 resolveron os retos e conseguiron abrir a caixa cos adornos e tamén unha das partes máis importnates no NADAL:
MAXIA
ILUSIÓN
FELICIDADE
SOLIDARIEDADE
GRAZAS ALEX POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA QUE NOS PROPUXECHES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario