Páxinas

mércores

Aniversario de Alma

O primeiro día do terceiro trimestre celebramos o aniversario da nosa compañeira Alma: 







Parabéns compañeira, xa tes 6 aniños! 

Voltamos das vacacións!

Despois do descanso de Semana Santa, no cal recargamos pilas para o terceiro, e último, trimestre, fixemos o reparto dos novos equipos. 

Para facelo a profe Rosa dounos un vaso con auga a cada un e uns rolos de papel de cociña... tiñamos que introducilos e, con paciencia, esperar a ver de que cor sería o noso equipo.














 



Preparamos unha festa especial

Na última tarefa do trimestre do noso PDI tiñamos que representar unha festa típica do Noroeste... E como a profe Rosa é das rías baixas, ensinounos unha festa moi especial que se leva a cabo por aquela zona: 

A Festa da Dorna!

Durante uns días estivemos preparando a nosa embarcación:





Eleximos o nome da nosa Peña Dorneira, fixemos o deseño para a nosa camiseta e decorámola: 







Tamén decoramos o noso dispositivo para voar no Voo sen Motor: 


E a Carrilana que iamos utilizar no Jran Prix:






Xa estamos preparados para o gran día!


Neste video podedes ver todo o que fixemos nese día, grazas á colaboración do profe Brais: 




Gusanos de seda

Durante o último mes fomos vendo como ían medrando os gusanos:




Debuxábamolos todos os días: 



E cando medraron máis, a profe Rosa propúxonos medilos coas regletas:

Actividades varias e visitas inesperadas

Nun día calquera as nenas e nenos van pasando polos diferentes recantos e fan actividades tanto en grupo como individualmente: 






E recibimos a visita de Paula, a nosa profe que estivo no primeiro trimestre na escola. 
Botámola moito de menos e gustounos moito vela! 

Recantos de arte primaveral

Outra actividade que adicamos a estación actual foron estos recantos de arte.

En dúas mesas tiñamos que adornar flores e mariposas con papeliños de cores.



Noutra seguimos coas creacións brillantes: 


E por úlltimo, reproducir unha paisaxe primaveral con acuarelas: 


Todos os equipos foron pasando polas diferentes mesas, completando as súas creacións.


BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...