Páxinas

xoves

EXCURSIÓN LONXA-AQUARIUM FINISTERRAE

En relación ao noso Proxecto Documental Integrado, visitamos a LONXA e o AQUARIO FINISTERRAE e ademáis de aprender moitísimas cousas, o pasamos fenomenal!!!!

Ademáis... COÑECIMOS A CARPIÑO!!!


Aquí vos deixamos o video



DECÁLOGO MEDIO AMBIENTE

Coas achegas que as familias nos fixeron chegar ao cole, elaboramos un "DECÁLOGO AMBIENTAL" para axudar ao noso Planeta:





E na nosa aula o traballamos coa axuda do escornabot e así fomos analizando e descubriendo cada punto dos 10 do que se conforma.



Esperemos as vosas fotos para seguir traballando en torno ao DECÁLOGO que vos mesmos fixéchedes posible


martes

ALGUÉN QUIXO ROUBAR O NADAL

O Nadal xa está aquí!!! PERO... os adornos e os materiais que preparamos para comezar a decorar apareceron nunha caixa pechada cun candado.





O primeiro que vimos foi un código QR que escaneamos e apareceu unha mensaxe secreta dun personaxe que quería ROUBAR O NADAL!!!!

Quén será?? 
Porqué quere roubar a MAXIA, A ILUSIÓN, A FELICIDADE E A SOLIDARIEDADE???


No video o primeiro que nos propuxo foi un acertixo: 
"Pon un pé e despois o outro cando queiras subir ou baixar"

a seguinte pista estará na ESCALEIRA






Coa pista seguinte propúxonos un xeroglífico que ainda que era bastante difícil, fomos capaces de resolvelo!!!

A seguinte pista está no BAÑO





E cunha sopa de letras descubrimos que a seguinte pista estaba na BIBLIOTECA




Agora tocaba facer uso dos coñecementos de robótica e guiamos ó escornabot seguindo as indicacións dadas




E como reto final para descubrir o código que abriría o candado, tivemos que descubrir os amigos do 10




E tamén descubrimos que o responsable de tal trasnada foi... 

O GRINCH


Menos mal que os nenos e nenas da Choeira 2 resolveron os retos e conseguiron abrir a caixa cos adornos e tamén unha das partes máis importnates no NADAL:

MAXIA
ILUSIÓN
FELICIDADE
SOLIDARIEDADE


GRAZAS ALEX POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA QUE NOS PROPUXECHES!!!

CARPIÑO: TERCEIRA MISIÓN

Recibimos unha nova carta de CARPIÑO!!!! No fondo do mar están contentísimos co noso traballo feito ata agora e sobre todo dando unha segunda vida ás Redes Pantasma".

Tamén nos dicía que PRONTO NOS CONOCEREMOS!!! xa que Carpiño vive cerca da Torre de Hércules e en breve faremos unha visita ao AQUARIUM FINISTERRAE.

Unha nova amiga de Carpiño está preocupada con unha ecoameaza que lle está facendo moito dano: A estrela de mar PAZ atópase no fondo do mar con VIDROS que cortan e lastiman as súas patas, por iso non pode ir a escola de peixes a seguir aprendendo, así que nós teremos que axudala a seguir aprendendo e investigar como nacen os peixes, por iso nos mandou uns libros para documentarnos.










ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE CARPIÑO!!!!!



CICLO DA AUGA

A importancia da auga no noso planeta é fundamental para a vida nela. Tanto é así que as primeiras células de vida do noso planteta apareceron nos mares.




por iso descubrimos os diferentes estados nos que a podemos atopar: 


SÓLIDA (se está moi moi fría)



LÍQUIDA (se está "templada")


GASEOSA (se está moi moi quente)




PERO... de dónde ven a agua da choiva??? porqué os mares están cheos de auga??? 

descubrimos así o CICLO DA AUGA





luns

3ª TAREFA INTEGRADA

Co "gran libro ilustrado nuestro planeta" conocemos algún lugares do noso planeta.



A segunda Tarefa Integrada proposta desde a biblioteca foi escribir unha nota ás familias para saber cal foi a máis lonxana, quenes a disfrutáchedes, en que medio de transporte foi e que animais e comidas coñecíchedes.

Aquí tedes o fantástico resultado:


NOS VISITA A MADRIÑA DE OLIVER

Recibimos a visita da madriña de Oliver para contarnos dous contos e facer así máis levadío o venres.



"SOPRA NESTE FURADIÑO..." 





"PUEDO RUGIR"


E para practicar o sopro tamén fixemos uns camaleóns con materiais que ela mesma nos trouxo e que nos encantaron!!




Grazas Ariadana por vir á nosa aula!!!
Volve cando queiras







BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...