Esta semana estivemos preparando a festa do Magosto, todos emocionados xa que íamos a ir de excursión en autobús!
Foi unha semana moi especial na que estivemos algo nerviosos tamén...
Preparamos os cartóns para as castañas:
E por fin chegou o día!
Preparámonos na aula, fixemos parellas: maiores con pequenos, así coidamos uns dos outros, fomos ao baño e....
Aquí estamos esperando o autobús, que formais!
Xa estamos no autobús! Todos coa nosa mascarilla e co cinto de seguridade...
Chegamos á Rectoral de Celas, alí encontrámonos con todas as nenas e nenos do CRA, que emocionante!
Tiñannos preparados unha chea de xogos, polos que fomos rotando todos os grupos:
Seguimos os camiños de corda...
Tiramos a castaña:
Un, dous, tres, volta atrás quen mova os pes!
Carreira de culleres e castañas:
E a goma!
Pasámolo pipa!!
Despois tocaba xa comer un pouco... todos preparados para comer/probar as castañas!
Aquí xa lle estamos dando á boca.
Comemos castañas e galletas.
Bebemos auga e os nosos bebibles.
Por último compartimos un momento moi bonito con todo o CRA, bailando todos xuntos as cancións que traballamos estes días coa profe Lorena!
E xa da volta non hai fotos... estabamos cansos, proba de que o pasamos xenial!
Genial!!!
ResponderEliminar