Páxinas

martes

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS FAI HOMENAXE A UNHA PERSOA QUE DESTACOU POLA SÚA CREACIÓN LITERARIA EN GALEGO E DEFENSA DE DITA LINGUA, PERO... QUEN É ESA PERSOA? PARA DESCUBRILA O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PROPÚXONOS FACER UNS XOGOS AO LONGO DE TODA A SEMANA.

O LUNS MEDIANTE UN XOGO DE PISTAS FOMOS ATOPANDO 5 PEZAS DUN PUZZLE  QUE NO SEU CONXUNTO FORMABA UNHA FOTO QUE ANALIZAMOS E COMENTAMOS.






O MARTES DECUBRIMOS O SEU NOME ORDEANDO AS LETRAS QUE O COMPOÑEN






O MÉRCORES COÑECEMOS A VIDA DE XELA ARIAS COA AXUDA DO ESCORNABOT



O XOVES LEMOS UN ARTÍCULO ESCRITO NUN XORNAL QUE FALABA DE XELA ARIAS, PUBLICADO POLO SEU PAI E ONDE SE FALABA DA IMPORTANCIA DA LINGUA GALEGA.



ADEMÁIS O VENRES ESPERÁBANOS OUTRA SORPRESA! E COMO ESTE CURSO NON PUIDEMOS FACER A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS, ENTRE TODO O COLE FIXEMOS UNHA CANCIÓN PARA RECORDAR ESTE FANTÁSTICO MOMENTO QUE ESPERAMOS RECUPERAR PRONTO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...