O día 24 de Febreiro celebramos o nacemento dunha superheroína moi importante para a nosa cultura: ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía tivo que despedirse da súa terra e facer a maleta. Por iso desde o equipo de Normalización Lingüística se propuxo homenaxear a esta fantástica Muller e recordar a súa tan coñecida poesía "adiós ríos, adiós fontes..."
Quixemos reproducir aqueles actos que fixo Rosalía no seu momento e fixemos unha maleta coas cousas que ela meteu.
Metemos a poesía e engadimos un anaquiño que nós mesmos elaboramos, pero tamén unha flor para non esquecer nunca a nosa cultura nin ás persoas que nos axudaron a mantela.
O DÍA DE ROSALÍA, UNHA FLOR E UNHA POESÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario