Páxinas

mércores

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

O pasado 11 de Setembro comezamos unha nova aventura na Choeira2, esta vez con compañeiros e compañeiras novas!!!!

Onte finalizou oficialmente o periodo de adaptación e ao longo destes días empezamos a coñecernos un pouquiño máis.

Este curso viñeron 7 novos e novas compañeiras


BENVID@S 
ALMA, AREA, OLIVER, CARMELA, 
PABLO, LUCAS E BREIXO!!

Así que como nós éramos 7 nenos e nenas que xa estabamos do curso pasado, cada un encargouse de axudar a un amigo ou amiga nova, facendo así que pouco a pouco se sintan parte da aula.

Vos deixamos un video onde podedes ver todas as actividades que fixemos ao longo destes días e gracias aos contos de "CHOCOLATA", "O GATO LAMBÓN", "PACO TROLAS" e "A ESCALEIRA", que fixeron que os nervios do comezo foran desaparecendo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...