RETO 16 SUPERADO!!!!!
Para superar este reto o Caco de Pepa deixounos unha caixa cun candado pero... cal sería o contrasinal????
Para descubrila o Caco deixounos 4 pistas...
1º Escribiu con tinta invisible e pouco a pouco fumos descubrindo a mensaxe secreta e o número oculto era o 2
2º Para descubrir o segundo número tivemos que contar as letras de todos os nenos e nenas da clase e ir sumando os díxitos ata quedar con un só, e resultou que o número oculto era o 0
3º Debíamos tachar todos os 5 que atopáramos nun folio cheo de números e pouco a pouco foi xurdindo o 3º número que resultou o 2
4º Deberíamos resolver un xeroglífico cun acetixo que resultou sendo o número 0
Así que unha vez descubrimos o contrasinal... conseguimos abrir a caixa... pero o reto aínda non estaba superado.
Dentro da caixa había un código QR que enlazaba coa axuda do Ipad a un video do Caco na nosa escola!!! escondendo uns bonequiños que fomos atopando seguindo os movementos do caco no vídeo.
Unha vez atopados si que podemos dicir que o Reto 16 está superado!!!!
SE QUEREDES VER UN POUQUIÑO MÁIS PINCHADE AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario