Coa axuda da nai de Antón Bergondo descubrimos os CARTEIS DE CINE.
En días anteriores limos na aula o conto "DRAGUSTÍN, UN DRAGÓN DE CINE", mediante o cal descubrimos novos conceptos que iremos traballando e indagando ao longo do curso relacionados co cine.
Hoxe toca traballar os "CARTEIS" e para iso Ana e Antón Bergondo propuxéronnos facer por equipos e individuais carteis pintados por nós mesmos e mesmas.
Despois de que cada equipo chegase a un acordo do que querían debuxar utilizaron diferentes técnicas para crear verdadeiras obras de arte.
GRAZAS ANA POR AXUDARNOS A FACER UNS CARTEIS MOI ESPECIAIS QUE SEGURO QUE VEREDES NOS VINDEIROS GOYAS
Gracias a vosotros por todo lo que hacéis ppr nuestros niños y niñas.
ResponderEliminar