Páxinas

luns

EXCURSIÓN BELAS ARTES

O venres día 8 de Febreiro, realizamos unha excursión ao MUSEO DE BELAS ARTES EN CORUÑA, onde vimos e descubrimos obras de pintura e algunha que outra escultura. Como todas as obras de arte que alí se atopaban son moi moi delicadas deberíamos ter moito coidado e estivemos super atentos a todo o que alí nos contaron e ensinaron.


Primeiro recordamos as normas e dividímonos en dous grupos para así percibir mellor todo o que nos rodea a través dos 5 sentidos



O primeiro cadro que vimos foi "PARQUE ZOOLÓXICO" de Antonio LAGO RIVERA onde a través do sentido do OIDO escoitamos os diferentes animais que no cadro se atopaban



O sentido do OLFATO o utilizamos para descubrir o cadro titulado "XARDÍNS DE CUERNAVACA" de Arturo SOUTO no que se podía observar dúas rapazas nun campo e ulimos algunhas flores que ben podían ser as debuxadas nesta obra.


Co cadro "FIGURAS CON MAZÁS" de Manuel COLMEIRO descubrimos o sentido do GUSTO e reflexionamos sobre os diferentes sabores das mazás sendo unhas doces, outras ácidas...


O cadro "GABINETE DO COLECCIONISTA" de Frans FRANCKEN II foi o elexido para traballar o sentido da VISTA. Primeiro observámos os diferentes detalles do cadro e despois sen mirar deberíamos contestar diferentes preguntas en referencia a él. Acertamos todas!!!!


E para casi finalizar coa escultura da ÁRBORE de MANOLO traballamos o TACTO e percibimos o frío e o calor dos diferentes materiais así como a rugosidade.


E non podíamos marchar sen facer a nosa propia obra de ARTE COS 5 SENTIDOS !!!! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...