Unha educación inspirada en unha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os de outras persoas.
Por iso o DÍA DA PAZ na nosa aula fixemos unha receita moi especial:
“SOPA DE ARROZ DA PAZ”
INGREDIENTES:
Arroz
Bondade
Felicidade
Cariño
Bicos
Abrazos
Caricias
OLLO: Remover, non axitar!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario