Páxinas

mércores

25 DE NOVEMBRO

A semana pasada estivemos inmersos no 25 N: Que sentimos cando nos fan daño? Que é o amor? A que recenden as mulleres das nosas vidas? Que emoción nos provoca ulilas? 
Dialogar, concienciar, sensibilizar, fortalecer, unir, admirar.... 
RESPECTO E IGUALDADE.



 

sábado

SAÍDA A DOMUS

 O pasado martes visitamos a Domus, museo adicado o Ser Humano onde todo se pode tocar, e por suposto, tocamos todo😀. A exposición BOCADOS permitiunos afondar no que estamos experimentando na escola seguindo o PDI deste curso. Ademais, vimos o vídeo do parto, tema que tanta interese que despertou o inicio de curso.



mércores

MAGOSTO NA TORRE DE CELAS E REGO DAS XESTEIRAS

Unha xornada de convivencia cas compañeiras e compañeiros das escolas do CRA. Unha mañá chea de propostas nun entorno de conto: búsqueda do tesouro, conxuro cunha bruxa moi especial, contacontos e como non podía ser doutra manera, merenda con castañas.



mércores

PROPOSTAS DE APRENDIZAXE OUTUBRO

Pasiño a pasiño adquirimos as rutinas e seguimos os acordos para adicar sesións semanais á circulación libre polas propostas de aprendizaxe. 



sábado

INSTALACIÓN DE XOGO

Esta semana presentamos a primeira instalación do curso cun compoñente moi especial, os desexos das nosas familias.

Nesta instalación mostramos as nenas e nenos  unha serie de elementos relacionados coa estación na que estamos, tentando provocar e ofrecerlles a oportunidade de transitar na proposta, transformala, crear e interaccionar coas compañeiras e compañeiros.





luns

SAÍDA Á CONTORNA

A semana pasada fixemos a primeira saída do curso, un pequeno paseo arredor da escola onde observamos a chegada do outono: observar, conectar, sentir e compartir á natureza...  Unha das zonas que máis no gustou foi "O Ourizo de Almeiras", M. explicounos que esa rúa chamabase así porque se xuntan moitos ourizos coa chegada da estación.




BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...