Páxinas

mércores

Música coa mestra Lorena

Durante o último mes a profe Lorena trouxo o seu Ukelele para cantar connosco a canción do saúdo.


Cando remata a clase, sempre facemos un exercicio de relaxación, neste caso con plumas de cores que íamos pasando polo noso corpo.

Aniversario de Carmela

A finais de marzo celebramos o aniversario da nosa compañeira Carmela.



Parabéns compañeira, xa tes 6 aniños!

Creaciones brillantes

Una de las propuestas de este último mes fue la creación de composiciones totalmente libres con diversos materiales: piedras preciosas, figuras de madera y de fieltro.

Cada niña y niño decidía qué poner y como hacerlo. Todas las creaciones son válidas y dignas de reconocimiento tanto por parte de la profe como de los compañeros y compañeras. 


Somos escritores, ilustradores e editores

Outra tarefa do noso proxecto integrado, foi achegarnos a outro oficio, os escritores. 

Para facelo, primeiro tivemos que pensar unha historia axudándonos dos dados para crealas. 

Unha vez xa tiñamos a idea clara, debuxamos aos protagonistas e obxetos que utilizan, escribimos as palabras do conto e fixemos a portada e os nosos nomes como autores do conto. 







E este foi o resultado, esperamos que vos guste! 

Premede no seguinte enlace para ver a presentación:


Aprendemos sobre a Lúa no noso proxecto de gamificación.

O profe Iván propúxonos buscar información sobre as pedras lunares e atopamos unha receita nun libro de experimentos sobre o espacio, así que nos puxemos mans á obra:

Mesturamos Bicarbonato de Sodio, purpurina dourada e plateada, pintura negra e auga.




Despois montamos o telescopio para poder observar a Lúa en tempo real: 



E por último, despois de coñecer as diferentes fases da lúa, representámolas con plastilina branca e negra.

Xogos co mestre Iván

Cada xoves, despois do conto, chega o profe Iván coa súa bolsa chea de xogos. 




No segundo trimestre comezamos a xogar por mesas en equipos.

Imos rotando para pasar por todos os xogos e a verdade é que nos gusta moito xogar así, é todo máis dinámico e non nos da tempo a cansarnos do xogo, porque rápidamente temos que cambiar. 

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...