Páxinas

venres

Cal pesa máis?

Unha proposta que fixemos estes días foi a seguinte: 

Con diversos produtos propios do outono, cada nena e neno tiña que escoller dous.

De eses dous dicir cal pensaban que ía pesar máis, debuxalo e poñer o seu nome (os máis maiores o intentaron) 

Despois tiñan que comprobar se a súa hipótese era correcta colocando cada produto do outono nun recipiente da balanza de sólidos e líquidos.

Por último, debuxaban o resultado.

Cumplíronse as nosas hipóteses?



























As cores do outono

Utilizamos a Caixa de Cores ideada por María Montessori, que apostaba por unha educación sensorial de calidade. No caso da vista, coas cores e as súas diferentes tonalidades fai que os nenos e nenas agudicen este sentido. 

Neste caso estamos traballando con imaxes de paisaxes do outono.




O aniversario do noso compañeiro Valentín


Esta semana celebramos o cumpleanos de Valentín, que xa ten 3 anos!! 

Mentres vemos as súas fotos de cando naceu e cando cumpleu 1, 2 e 3 anos, foi dando voltas ao sol, coa terra nas súas mans, simbolizando o transcurso do tempo durante estes 3 anos de vida.



Parabéns compañeiro! 



Despois debuxámolo para que leve á casa un recordo deste día tan especial.

Xogos coa profe Inés


Como parte do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral que imparte Inés na aula, preparounos uns xogos xeniales para traballar a conciencia fonolóxica, os campos semánticos,... de maneira divertida! 






Gamificación co Profe Iván: Comeza a aventura de Martiño e Testa

Temos novas de Martiño e Testa, vimos o video onde nos contaban que nuns días ían sair no cohete espacial para chegar á Estación Espacial Internacional, que emocionante! 

Ademáis mandáronnos á clase un calendario no que imos ir marcando días especiais, como por exemplo o día 11 de Novembro, que é o día da viaxe espacial!

Ademáis contáronnos que teremos unha serie de retos que cumplir, e que cando vaiamos superándoos teremos que poñer unha estrela na nosa ficha da constelación da Osa Maior.



















Outro día vimos un video sobre a estación espacial internacional, no que todo flotaba, por que?




O profe Iván contounos que a terra actúa coma un imán e que nos atrae, no espazo non existe esa forza... 



Despois trouxonos un xogo moi chulo de naves espaciais, pasámolo xenial!




BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...