Páxinas

luns

LINTERNA MÁXICA

Descubrimos, mediante o desenvolvemento do noso proxecto, que o cine non sempre se fixo cunha cámara senon que ata que os irmáns Lumier inventaron o cinematógrafo houbo outros inventos como a linterna máxica que cunha combinación de varias imaxes daba sensación de movemento.

Así, grazas ás aportacións vosas dende casa poidemos facer esta actividade. Montamos o noso propio cinema e cada un relataba a súa propia historia, traballando así a expresión oral e a capacidade de improvisación.




Estas son algunhas das historias que contaron:

ANTÓN BERGONDO



IRIA





GABRIELA






martes

CASTAÑA CASTAÑA

Coa chegada do outono chegan as primeras castañas da man de Noa, que estes días foi a buscalas.

As vimos por fora e por dentro, as contamos, as dividimos entre o número de nenos e nenas da aula, pensamos como se cociñaban....

Aquí tedes un pequeno anaco de todo o traballo.





Grazas Noa por compartir con nós e traer á aula todas estas castañas.





luns

TEMPO PARA CREAR

Esta semana traballamos unha vez máis a creatividade e a imxinación, para elo pintamos unhas estrelas que despois pegamos nunha cartolina branca cada un como quería.

Posteriormente completamos o debuxo en función do número de estrelas pegadas e a súa disposición.

O tempo dedicado era o que cada unha precisaba para completar o seu debuxo.

Este foi o resultado, tan diverso e bonito como nenos e nenas hai na nosa aula:


o espacio

un laberinto

un mundo

unha ponte



Aínda que ás veces o tempo é escaso debemos reflexionar sobre este corto que vimos na aula...



UNHA OBRA DE ARTE

Da man do profe Iván as nenas e nenos da choeira descubrieron unha obra de arte na Nosa Escola.

Ao finalizar o curso pasado as familias da promoción que remataba o ciclo regalounos ao cole un cadro de EDGAR ORTIZ que puxemos na entrada da biblioteca PEPATECA


Como calquera obra de arte temos que coidala moi ben e ter coidado de que non lle pase nada 

Despois fixemos a Nosa propia versión do cadro e buscamos as letras que compoñen o Nome do pintor





Pero ollo non digades por ahí que temos unha obra de arte na Nosa Escola non vaia a ser.... 

ROBÓTICA

Esta semana o traballo de robótica consistiu en atopar o pingüíno perdido... para elo un compañeiro escondía os pingüinos e outro tiña de dirixir o ESCORNABOT ao casilleiro correcto...

Traballamos así lateralidade, a resolución de problemas, orientación espacial, atención e concentración entre outro aspectos.








ABECEDARIO

As letras forman parte da nosa vida e as atopamos en todos os sitios onde imos, por iso vimos que temos un abecedario e as letras que o compoñen, as contamos,descubrimos que calquera palabra a podemos formar con algunha das 27 letras, descubrimos os fonemosa e o xesto asociado que establecen MONFORT y JUÁREZ... e como non, buscaron as letras do seu propio nome.








ESTRELAS

este curso nos convertiremos en estrelas, estrelas de todos tipos e cores, por iso decoramos a nosa porta coa estreliña que nos gusta das cores que cada un quere...

Primeiro coloreamos


Segundo picamos e recortamos


Terceiro pegamos nun folio da cor elexida


 E por último a pegamos na porta



POUCO A POUCO IMOS TRANFORMANDO A NOSA AULA E TODXS SOMOS PARTE DO PROCESO

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...