En música levamos uns días traballando cunha canción que nos encanta, tédela na entrada do blog de Música:
http://lalalaculleredo.blogspot.com/2021/11/as-nubes.html
Mirade que atentos estamos!
En música levamos uns días traballando cunha canción que nos encanta, tédela na entrada do blog de Música:
http://lalalaculleredo.blogspot.com/2021/11/as-nubes.html
Mirade que atentos estamos!
Cada día que ven o profe Brais tennos unha actividade máis chula que a anterior.
Nesta que nos propuxo traballamos os relevos e o esquema corporal, ademáis de gardar as quendas, xa que se non sería un desastre.
O mellor de todo é que nestes xogos o importante non é gañar, senon pasalo xenial, e eso fixémolo seguro!
A penúltima tarefa do noso PDI constaba en elexir un xogo popular do Noroeste, preparalo e xogar para amosarllo a outros compañeiros.
O escolleito é A Malla.
Xógase por parellas, cada xogador ten un pau cunhas dimensións determinadas (nós usamos depresores grandes) e tres pedras.
Colocamos o pau nun monte de area separados por varios metros (nós fixémolo bastante xuntos, e aínda así custaba) e cada xogador ten tres oportunidades para tirar coas pedras o pau do contrincante.
Aquí estamos preparando os nosos paus:
Un día, despois do recreo, tiñamos preparada unha actividade por mesas, polas que cada equipo iría pasando e facendo coa axuda dos mestres.
Comezamos debullando o millo (grazas ás familias que nolo trouxeron)
O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...