Unha das propostas para estes días foi debuxar na nosa foto como nos gustaría disfrazarnos no Samaín, saíron uns traballos xeniales!
sábado
luns
Comeza a semana do medo...
E por fin chegou o Samaín.
Temos unha semana por diante na que o medo será protagonista: convertirémonos en bruxas, en arañas, en magos,...
Traballo de aula
E seguimos traballando a motricidade fina, neste caso cos pompóns e unha piña, na que os teñen que meter e sacar, practicando a pinza manual.
E cos trasvases: duas pequenas xerras de auga e uns garavanzos... traballo de precisión.
Durante a mañá, van pasando libremente polo recanto de Arte, no que poden utilizar os pinceis e as cores que queren...
O resultado do traballo colectivo é impresionante...
Digno dunha exposición de arte contemporánea.
Comezamos co Samaín
Despois de escoitar o conto "Go away, big green monster" coa teacher Sandra, ocorreusenos crear os nosos monstros con plastilina.
Ollos, patas,... o resultado xa o vedes máis abaixo
Para ambientar a aula para esta festa, estamos a traballar a motricidade fina (a coordinación ollo-man) e creando estas cabazas, pantasmas, morcegos e momias:
Espazo fedello
Hai unhas semanas, a profe Lorena trouxo algo especial para a nosa biblioteca de aula...
O espazo fedello!!
Se queremos ir a xogar á biblioteca, podemos facelo con estas pezas chamadas Kapla, coas que podemos facer infinidade de construcións. Trae un libro con modelos e ideas, pero tamén podemos crear xunt@s, como o fixeron os nosos compañeiros.
Acuarelas de outono
A arte en Educación Infantil é esencial, traballar con diversos materiais, útiles,... é unha gran fonte de motivación, de concentración e creatividade.
Só hai que ver as súas cariñas...
Sesións de Xogos de mesa co mestre Iván
Cada xoves, despois do recreo e dun pequeno momento de relaxación, o profe Iván tráenos diferentes xogos de mesa cos que aprendemos moitas cousas, pero unha das principais sería:
agardar a nosa quenda
xa que cando somos pequenos (e a algúns adultos tamén) nos costa esperar ata que nos toque participar e manter a atención durante moito tempo... así que desta maneira practicamos xogando.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
BELELLE
O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...
-
O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...
-
Con motivo da chegada do día do AMO R quitemos facer agasallos ... pero non un agasallo cualquiera, xa que tiña que ser algo que pudiéramos...
-
O xoves fumos a Cidade da Cultura a recolller o premio concedido polo xurado da FAXPG. Aquí tedes a nosa actuación e un resumo do que foi a...


