Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

domingo

CALENDARIO DE ADVENTO

COA AXUDA DA NOSA MESTRA EN PRÁCTICA MIRIAM, DESCUBIRMOS CADA DÍA UNHA SORPESA NO CALENDARIO DE ADVENTO E DIRIXIDO POR UN ESCORNABOT QUE NOS GUIABA ATA A CASILLA CORRESPONDENTE.

FOI MOI DIVERTIDO!!!!

AQUÍ PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES!!


domingo

BO NADAL!!!!

O venres celebramos a festa de NADAL do CRA de Culleredo na escola da Choeira en compañía de todo o alumnado do cole.



Un día especial cheo de risas, nervios e unha sorpresa fantástica que fixo realidade a profe Lorena cun video clip coas nenas e nenas como protagonistas.

Pinche AQUÍ para velo

E ademáis a ESCOLA DA CHOEIRA 2 fixemos esta felicitación navideña coas familias dos menos e nenas



BO NADAL!!!!

martes

ALGUÉN QUIXO ROUBAR O NADAL

O Nadal xa está aquí!!! PERO... os adornos e os materiais que preparamos para comezar a decorar apareceron nunha caixa pechada cun candado.





O primeiro que vimos foi un código QR que escaneamos e apareceu unha mensaxe secreta dun personaxe que quería ROUBAR O NADAL!!!!

Quén será?? 
Porqué quere roubar a MAXIA, A ILUSIÓN, A FELICIDADE E A SOLIDARIEDADE???


No video o primeiro que nos propuxo foi un acertixo: 
"Pon un pé e despois o outro cando queiras subir ou baixar"

a seguinte pista estará na ESCALEIRA






Coa pista seguinte propúxonos un xeroglífico que ainda que era bastante difícil, fomos capaces de resolvelo!!!

A seguinte pista está no BAÑO





E cunha sopa de letras descubrimos que a seguinte pista estaba na BIBLIOTECA




Agora tocaba facer uso dos coñecementos de robótica e guiamos ó escornabot seguindo as indicacións dadas




E como reto final para descubrir o código que abriría o candado, tivemos que descubrir os amigos do 10




E tamén descubrimos que o responsable de tal trasnada foi... 

O GRINCH


Menos mal que os nenos e nenas da Choeira 2 resolveron os retos e conseguiron abrir a caixa cos adornos e tamén unha das partes máis importnates no NADAL:

MAXIA
ILUSIÓN
FELICIDADE
SOLIDARIEDADE


GRAZAS ALEX POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA QUE NOS PROPUXECHES!!!

luns

VOLTA Á RUTINA

Tras as vacacións de Nadal retomamos as rutinas con ilusión e enerxía.

Pero o primeiro día que chegamos os reis magos e papá Noel non deixaron nada na escola!!!!!

Comezamos a pensar que é o que sucedeu... quizais viron todo pechado e pensaron que non había ninguén... ou que non nos portamos ben... ou que xa temos moitos xoguetes... ou que non nos portamos ben... ou que non les deixamos comida.

Había que buscar unha solución!!!! Escribiremos unha carta para comprometernos a:

1º Limpar e recoller a aula,
2º Coidar e axudar aos compañeiros e compañeiras,
3º Esforzarnos no traballo,
4º Estar tranquilos e atentos,
5º Compartir as cousas cos demáis.




Por iso ao día seguinte recibimos estes agasallos cunha carta que nos dicía o seguinte




E con ela os agasallos!!!!




Agora toca traballar para poder levalos as nosas casas!!!!!!!




O CACO DE PEPA

5º RETO SUPERADO!!!!!

O CACO de PEPA nestas datas púxose en contacto con nós a través dunha postal de Nadal moi especial






E propúxonos facer unha foto como a que fixo él na postal. Para elo enviounos atrezzo e cunha aplicación fixemos fotos que poderes ver no blogue da PEPATECA




PHOTOCALL NADAL

Esta entrada vai dedicada ás familias da Nosa escola, xa que sen vos non sería posible este tipo de ensinanza. Polo tanto grazas polas vosas colaboracións e FELIZ NADAL!!!!













TARXETAS DE NADAL

Un ano máis na aula fixemos postais de Nadal para felicitarvos estas preciosas festas, pero esta vez quixemos ir un poco más aló e incorporamos unha pequena luz traballando así os circuitos eléctricos.

Primeiro pintamos e decoramos as postais





Unha vez diseñada, teríamos que descubrir cómo se encendian as luceciñas coa axuda dunha pila





E agora.... se a luz necesita estar en contacto coa pila...cómo podemos colocala onde queramos?
Pois coa axuda dun conductor que fai que a enerxía da pila chegue á luz.




E así... comprobamos que se encendían e as nosas tarxetas estaban listas!!!





BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...