Páxinas

mércores

Preparamos as nosas fotos

 Nos primeiros días de cole, a profe Rosa fíxonos unhas fotos para renovar as que tíñamos da orla, xa que medramos moito!

De un en un fómolas adornando con diferentes cartolinas e formas, ademáis de poñer o noso nome e por detrás a nosa inicial.

Así cada día utilizarémolas para que o encargado pase a lista e saber que nenas e nenos están no cole e cales na casa. 




















Videochamada coa profe Raquel

 Aos poucos días de comezar o cole, e como botábamos de menos moito á profe Raquel, e ela a nós... Fixemos unha videochamada! 

Qué ilusión nos fixo vela e escoitala! 







Coñecemos os Policubos

 Na primeira semana, a profe Rosa trouxo á clase unhas pezas de moitas cores.

Primeiro observámolas, recoñecemos as súas cores, e pensamos qué forma pode ser: 

- Cadrados! 

- Non, son cubos! 

Si, neste caso Policubos, que se poden unir de diferentes maneiras traballando a motricidade fina, tan necesaria para futuras aprendizaxes, ademáis da creatividade e a imaxinación para crear multitude de formas e darlles vida.

Primeiro repartimos a cada nena e neno uns cantos policubos de diferentes cores. Despois fixemos unha clasificación por cores entre todos..















Despois ocorréuselles poñer todas as torres facendo unha enorme... 
Pero caíanos seguido...



Así que a fixemos tumbada! 




Contos contiños...

 Nos primeiros días de cole, cada mestre que viña á aula traíanos un conto, gustáronnos todos moito moito, e ademáis fixemos algunha actividade relacionada con eles: 


CHIBOS CHIBÓNS: 


Primeiro contouno o profe Iván, e despois vimos o video


Ademáis fixemos unha actividade de Lóxica-matemática: medimos aos Chibos chibóns cos Policubos: 


















POR CATRO ESQUINAS DE NADA:

A profe Inés trouxonos este conto, que nos fala da diversidade e do necesaria que é a inclusión.





Despois xogamos libremente cos bloques lóxicos, buscando formas coma as do conto: 

CADRADOS e CÍRCULOS

















VOLTAMOS AO COLE

 Boas familias! 

Ao fin comezamos coas entradas do blogue. Non foi sen tempo! 

Os primeiros días foron de adaptación, para todos, tanto para os pequenos que acaban de comezar, coma para os maiores, xa que a profe Raquel tivo que facer unha parada en boxes e chegou a profe Rosa para estar con eles. 

Paréceme que o cambio non lles foi tan duro, así que moito mellor. 

Comezamos a coñecernos e a acostumarnos á nova rutina. 

Tivemos tempo pra xogar co profe Iván:



Sair ao patio:




E xogar moito!












VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...