Páxinas

mércores

25 DE NOVEMBRO

A semana pasada estivemos inmersos no 25 N: Que sentimos cando nos fan daño? Que é o amor? A que recenden as mulleres das nosas vidas? Que emoción nos provoca ulilas? 
Dialogar, concienciar, sensibilizar, fortalecer, unir, admirar.... 
RESPECTO E IGUALDADE.



 

sábado

SAÍDA A DOMUS

 O pasado martes visitamos a Domus, museo adicado o Ser Humano onde todo se pode tocar, e por suposto, tocamos todo😀. A exposición BOCADOS permitiunos afondar no que estamos experimentando na escola seguindo o PDI deste curso. Ademais, vimos o vídeo do parto, tema que tanta interese que despertou o inicio de curso.



mércores

MAGOSTO NA TORRE DE CELAS E REGO DAS XESTEIRAS

Unha xornada de convivencia cas compañeiras e compañeiros das escolas do CRA. Unha mañá chea de propostas nun entorno de conto: búsqueda do tesouro, conxuro cunha bruxa moi especial, contacontos e como non podía ser doutra manera, merenda con castañas.



VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...