mércores

DÍA  DO  LIBRO

Na semana que conmemoramos o Día do Libro a avioneta Pepa deixounos un paquete colgado do teito que ata o xoves día 23 non podiamos abrir. Ao chegar ese día abrímolo e alí estaba o conto " A princesa que bocexaba a todas horas".
Celebramos o Día do Libro todas as escolas na Choeira. Visitounos a Dragona Ramona e realizamos talleres. Por último merendamos todos xuntos.                                      
Pasámolo xenial!

OUTRA  PROBA  PARA  CRABELA

A PRINCESA CRABELA MANDOUNOS UNHA CARTA NA QUE TIÑAMOS QUE INVESTIGAR COA AXUDA DOS NOSOS PAIS  COMO ERA O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO E O FIXEMOS MOI BEN.

 


DESPOIS DE INVESTIGAR SOBRE O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO TAMÉN NA NOSA CLASE ESCOLLIMOS UN ESCUDO ENTRE TODOS E QUEDOUNOS MOI BONITO.



martes

UNHA EXPERIENCIA DE PRESIÓNS

Esta experiencia consistía en levantar un vaso sen tocalo utilizando tres obxectos: un globo, unha candea e aceite. O profe Iván explicounos que primeiro tiñamos que quentar o vaso e colocar o globo sobre este e despois metelo en auga. Con esto producese un cambio de presión dentro do vaso o que fai que succione o globo. Encantounos!

EXPERIENCIAS  CON  GLOBOS

Para este experimento plantexounos o profe Iván tres preguntas. Si era posible inflar un globo sen soplar, poñer lume debaixo dun globo sen que rebentase e pinchar un globo sen que estoupe. Descubrimos que todas estas hipóteses podianse facer si utilizamos a axuda de bicarbonato e vinagre no primeiro caso, auga no segundo e aceite no terceiro. Canto aprendemos!


COMEZO CURSO 2019-2020

My countdown Countdown