O luns pasado visitounos de novo ELENA BERENJENA, e veu caragadade enerxía... Esta vez trouxo o EXPERIMENTO Nº4: ENERXÍA, e para elo tivemos que sudar, pero conseguimos atopar os alimentos que nos proporcionan enerxía: OS HIDRATOS DE CARBONO
GRAZAS AO CONCELLO DE CULLEREDO POR FACER POSIBLE ESTA ACTIVIDADE
Unha vez mais ELENA BERENJENA apareceu pola nosa aula, esta vez trouxo o terceiro ingrediente do ELIXIR: AS PROTEÍNAS.
Explicounos que son os que forman os nosos músculos e son a base de sustentación do noso organismo.
Para comprendelo dun xeito máis doado fixemos un xogo chamado JENGA e que todos xa coñecemos, pero esta vez as pezas vermellas que estaban colocadas abaixo e se as quitábamos a torre se destruía, igual que pasaría co noso corpo se eliminásemos as proteínas.
Despóis vimos que nalgunhas pezas había unhas letras que ao xuntalas correctamente podíamos ler palabras de alimentos que conteñen proteínas.
A semana pasada, de repente, apareceu na nosa aula una rapaza chamada ELENA BERENJENA, dicía que era unha científica e que estaba nun laboratorio cando de repente todo estoupuo....
Pretendía facer un Elixir para estar fortes e sans pero coa explosión, perdera algunhas das súas anotacións... Sabía que o ingrediente máis importante era a AUGA e nós lle axudamos a reconstruir parte dos seus apuntes.
Ensinounos tres utensilios que utilízanse nos laboratorios para medir:
MATRAZ
PROBETA
PIPETA
Tamén nos trouxo uns blocs para facer os nosos apuntes que tivemos que completar coas palabras aprendidas
Despóis despediuse de nós pero dixo que volvería, así que.... AQUÍ ESPERAREMOS O TEU REGRESO ELENA BERENJENA
Actividade ofertada e promovida polo Concello de Culleredo
Todos sabemos que os nenos e nenas son os máis vulnerables á hora de sufrir algún tipo de accidente, pero os adultos tamén podemos sufrilos en estos casos son eles que deben de saber o protocolo a seguir.
Que mellor para ensinarnos o que facer que os propios especialistas, por iso recibimos a visita de personal sanitario. Explicáronnos qué facer si temos un accidente tanto en casa como na clase, a quén debemos chamar? Ao 112. Por iso debemos saber dar os nosos datos: onde estamos (cál é a Nosa escola os a dirección da Nosa casa), cal é o número de teléfono dalgún dos nosos familiares (papi o nai).
O día 23 de Abril celebramos o DÍA DO LIBRO. Para elo todos os nenos e nenas co noso cole nos xuntamos na Choeira. Unha nova ocasión para compartir momentos todos e todas xuntas. Contamos coa colaboración da Dragona Ramona para contarnos un conto de alimentos dun xeito moi especial. Depósitos fixemos obradoiros onde elaboramos 5 obradoiros: marcapáxinas food art, cociñamos con palabras, alimentarte efímero, alimentación dixital e escapismo sabroso. A través dos libros os nenos e nenas reciben unha herencia cultural, gistórica, científica, literaria... e a través das obras impresas as nenas e nenos poden VIAXAN a outros mundos e lugares, transportarse ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas coas diferentes personaxes.
Cultivar o amor polos libros é o mellor agasallo que podemos facerlles.
Coa chegada da primavera e a calor sementamos na Choeira pementos, chícharos, tomates e leitugas. Agora toca esperar a ver se prenden e antes de que remate o curso poder recolectar algunha cousa.
De repente un día... volvemos a recibir noticias de “ISLA FANTASÍA”, unha carta recibimos e o noso reto era conseguir ver o mayor número de unicornios e facer os unha foto con eles, por cada unicornio que atopamos conseguimos 10 metros de escalada. Nós conseguimos 80!!!!. Pero non iba a ser a única sorpresa!!! BRÚJULA estivo con nós e ensinounos a facer sushi vegetal.
Despois de todo o traballo feito ata agora, facemos unha visita a un supermercado, Eroski, e vemos as diferentes sección que alí hai: froitería, verdulería, peixería, carnicería ....
Xogamos, tocamos, observamos e sobre todo aprendemos disfrutando!!!!
Comprar e vender é un xogo que os nenos e nenas o fan dun xeito simbólico, para iso só necesitan productos, unha caixa registradora e algo de cartos. Se a todo isto sumamos o uso infromático do iPad aínda vólvese unha actividade máis motivadora. Pois esto é o que se nos propuso dende o equipo de Biblioteca e equipo TIC. Tras ler o conto “Nicolás va de compras” pensamos nas diferentes seccións que atopamos no supermercado e reflexionamos a cerca dos productos que alí hai e onde os situamos na pirámide de alimentación. Posteriormente coa aplicación “STOREST” xogamos ás compras, pero non só iso, senon que tamén utilizamos os euros para pagar a nosa compra.
A semana pasada coa axuda da familia de Cristina fixemos unha receita moi Sá: “MAGDALENAS DE PLÁTANO E MAZÁ” Vimos qué ingredientes levaba, os colocamos na pirámide de alimentación e os preparamos... Ainda que do resultado non temos foto, que mellor maneira de velas que nas vosas propias casas... Os pasos a seguir para a súa elaboración xa os tedes, aquí vos deixo as cantidades: 1,5 Mazás 2 ovos 2 plátanos maduros 1/2 vaso de aceite de oliva 1/2 vaso de Fariña 1/2 cucharada de levadura 1/2 cucharada de bicarbonato Canela molida
GRAZAS ALÍCIA POR VIR E ENSINARNOS ESTA RIQUÍSIMA RECEITA
A importancia dun bo almorzo é fundamental para comenzar o día dun xeito enérgico e productivo.
Os nenos e nenas comerán moi temprano a súa actividade tanto física como intelectual, por iso para afrontar ben o día é vital que tomen un bo almorzo. É tan importante que incluso condiciona as súas aprendizaxes: segundo a Asociación Española de Pediatría os nenos e nenas que non almorzan son máis apáticos e teñen un menor rendemento escolar.
Deste xeito pensamos que o mellor xeito de afrontar este momento podería ser con algo que nos recordase aos nosos amigos e amigas da escola... DECORAMOS AS NOSAS PROPIAS TAZAS!!!!
Cada neno e nena puxo o seu propio nome e dibuxouse a él/ela mesma, pero tamén fixo un pequeno debuxo en todas as tazas para que nos recorde as nosas amigas e amigos da escola.
Ademáis, Matías nos trouxo un libro de receitas de CAKE POP que tamén fixemos, seguindo os pasos dunha receita elaborada con Panetone (un postre tradicional de Navidal en Milán)
Dende a biblioteca se nos propuso facer unha actividadedivertida e creativa na que tíñamos que utilizar a Nosa LÓXICA e pensar en alimentos con formas e cores diferentes...
A nós tocounos:
FORMA: Circular
CORES: Rosa e LARANXA
Se vos ocurre algún alimento con estas características?
A profe Sandra e os nenos e nenas da Choeira 2 fixeron unhas riquísimas galletas de jengibre.
Os nenos e nenas de todas as edades se benefician das actividades culinarias, xa que aprenden medidas, estimulan os seus sentidos e lles motiva para provar novos alimentos. Cociñar é unha habilidad beneficiosa xa que aprenden novos tipos de ingredientes e sobre alimentación saludable. Así mesmo os nenos e nenas estarán orgullosos de cociñar a sua propia comida.
Aquí vos deixamos a receta!!!!
RECIPE (receta) indicative quantitites (cantidades orientativas) 1/2 kilo flour (harina) 1 teaspoon baking soda (bicarbonato) 1/2 teaspoon ground ginger (jengibre en polvo) 1 1/2 teaspoons ground cinnamon (canela en polvo) 1/4 teaspoon ground cloves (clavo en polvo) 125 gr brown sugar (azúcar moreno o panela) 1 egg 3 spoons honey or molasses (miel o melaza) Orange zest (ralladura de naranja)
Debemos ser conscientes da importancia no consumo de cada un dos alimentos, por iso fixemos un xogo que consistía en descubrir que consumo debemos facer de cada un disminuir alimentos que xa coñecemos.
Unha nutrición adecuada comeza coa compra dos alimentos e continúa coa sua correcta preparación para o consumo.
Unha correcta nutrición na etapa infantil é fundamental para establecer hábitos alimentarios que posteriormente serán difíciles de cambiar e combatir así contra enfermidades que poden aparecer na etapa adulta.
Clasificamos cores e descubrimos a PIRÁMIDE DE ALIMENTACIÓN