luns

CONTAMOS CON CRAS

Esta semana comezamos co préstamo de xogos coa axuda dos CRAS gañados ao Longo destas dúas semanas.

Os CRAS son a nosa moeda de validez só no territorio da choeira 2


Cómo se consiguen?
Tras un consenso cos nenos e nenas da aula se comprometeron a limpar e coidar a aula, compartir coas amigas e amigos, coidarlos, estar atentos e tranquilos e esforzarse. Deste xeito cada semana poderán conseguir un máximo de 5 CRAS.

Os venres cos CRAS conseguidos poderán escoller un xogo para levar as dúas casas, en función dunha tarifa de prezos establecida según os xogos máis ou menos demandados por eles mesmos.







Haberá semanas que non poidan levar nada xa que deberán seguir gañando máis CRAS ou incluso que non queiran levar nada para conseguir màis CRAS e levar o xogo que
máis lle gustan.



Deberán traelos de Volta ao cole antes do mércores seguinte. En caso de esquecerse, cada día de  retraso deberán abonar un CRA




GOMINOLAS DE MANGO

Os pais de Iria viñeron á aula e compartiron con nós unha xornada moi especial na que preparamos GOMINOLAS DE MANGO E BROCHETAS DE FROTIAS.




Coa axuda do Robot Pepa Termomix e seguindo as instruccións que nos daba fixemos unhas gominolas saudables




Cómo as gominolas non as podíamos comer ao momento xa que deberían estar 12 horas no frigorífico, fixemos brochetas de froitas (plátano, caqui, fresas, kiwi e uvas). Lavamos, pelamos e cortamos para despois facer a Nosa brocheta na orde correcta.











Que rico estaba todo!!!!!




Gracias Chus y Alfredo por compartir con nós un día tan especial. 
Volvede cando queirades!!!!

ANTÓN BERGONDO CUMPLE 4ANOS!!!!

O Mércores 23 de Xaneiro celebramos o aniversario de Antón Bergondo que cumpliu 4 anos!! 

O pasamos fenomenal e fixémoslle un agasallo de Todos e todas as amigas!!!





PARABÉNS ANTÓN!!!




ELENA BERENJENA

Elena Berenjena estivo con nos!!!!

O pasado luns 14 de Xaneiro apareceu por sorpresa na nosa aula Elena Berenjena!!!



Estas vez trouxo o segundo ingrediente do ELIXIR SAUDABLE: AS VITAMINAS

1º AUGA
2º VITAMINAS



pero... onde están as vitaminas??? Elena Berenjena ensinounos que se atopan nas FROITAS E VERDURAS















Agora faltaba saber qué vitamina se atopaba en cada Froita e Verdura, polo que tivemos que resolver os laberintos para descubrilo


E para que non se nos esqueza... apuntalo nos nosos cuadernos



VOLVE PRONTE ELENA BERENJENA, O PASAMOS XENIAL CONTIGO!!!!


VOLTA Á RUTINA

Tras as vacacións de Nadal retomamos as rutinas con ilusión e enerxía.

Pero o primeiro día que chegamos os reis magos e papá Noel non deixaron nada na escola!!!!!

Comezamos a pensar que é o que sucedeu... quizais viron todo pechado e pensaron que non había ninguén... ou que non nos portamos ben... ou que xa temos moitos xoguetes... ou que non nos portamos ben... ou que non les deixamos comida.

Había que buscar unha solución!!!! Escribiremos unha carta para comprometernos a:

1º Limpar e recoller a aula,
2º Coidar e axudar aos compañeiros e compañeiras,
3º Esforzarnos no traballo,
4º Estar tranquilos e atentos,
5º Compartir as cousas cos demáis.




Por iso ao día seguinte recibimos estes agasallos cunha carta que nos dicía o seguinte




E con ela os agasallos!!!!




Agora toca traballar para poder levalos as nosas casas!!!!!!!




COMEZO CURSO 2019-2020

My countdown Countdown