Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta ROBÓTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROBÓTICA. Amosar todas as publicacións

luns

MISIÓN 6: MARTIÑO E TESTA

 DESPOIS DE INVESTIGAR UN POUQUIÑO, UN PEQUENO ROBOT CHAMADO OZOBOT RECREOU A CAUSA DA EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS: UN METEORITO QUE CHOCOU CONTRA O PLANETA TERRA.






SE QUEREDES VER MÁIS DESTA MISIÓN PINCHADE AQUÍ


martes

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de Febreiro celebramos o "Día Internacional da muller e a nena na ciencia".

Coñecimos a MARIE CURIE e a súa importancia para a ciencia de hoxe en día coa app Women (Learny Land)e os escornabots axudáronnos a descubrila pouco a pouco





ALGUÉN QUIXO ROUBAR O NADAL

O Nadal xa está aquí!!! PERO... os adornos e os materiais que preparamos para comezar a decorar apareceron nunha caixa pechada cun candado.





O primeiro que vimos foi un código QR que escaneamos e apareceu unha mensaxe secreta dun personaxe que quería ROUBAR O NADAL!!!!

Quén será?? 
Porqué quere roubar a MAXIA, A ILUSIÓN, A FELICIDADE E A SOLIDARIEDADE???


No video o primeiro que nos propuxo foi un acertixo: 
"Pon un pé e despois o outro cando queiras subir ou baixar"

a seguinte pista estará na ESCALEIRA






Coa pista seguinte propúxonos un xeroglífico que ainda que era bastante difícil, fomos capaces de resolvelo!!!

A seguinte pista está no BAÑO





E cunha sopa de letras descubrimos que a seguinte pista estaba na BIBLIOTECA




Agora tocaba facer uso dos coñecementos de robótica e guiamos ó escornabot seguindo as indicacións dadas




E como reto final para descubrir o código que abriría o candado, tivemos que descubrir os amigos do 10




E tamén descubrimos que o responsable de tal trasnada foi... 

O GRINCH


Menos mal que os nenos e nenas da Choeira 2 resolveron os retos e conseguiron abrir a caixa cos adornos e tamén unha das partes máis importnates no NADAL:

MAXIA
ILUSIÓN
FELICIDADE
SOLIDARIEDADE


GRAZAS ALEX POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA QUE NOS PROPUXECHES!!!

luns

o Caco de Pepa

Reto 13 Superado!!!!

Con este novo reto o Caco de Pepa enviounos un robot moi moi pequeno chamado OZOBOT. Este robot nos axudaría a superar o reto, e para iso tiebemos que ordenar 5 obras de arte desde a máis antiga á máis contemporánea e trazar una liña con retulador elexindo diferntes códigos que este robot coñece para facer o seu percorrido.






SE QUEREDES VER O RESULTADO PINCHADE 

O CACO DE PEPA

4º RETO SUPERADO!!!

Tras recibir un vídeo do CACO de PEPA, este pedíanos axuda para manexar o seu novo robot MIND, que debuxa animais. Para elo tivemos que utilizar o IPad e descargar a aplicación e asó, compoñer co TANGRAM os diferentes animais que despolis MIND debuxaba.









SAMAÍN ESCORNABÓTICO

Estes días próximos a SAMAÍN quixemos coñecer personaxes de terror coa axuda dos ESCORNABOTS.

Os nenos e nenas da Choeira 2 puxeron a camiñar a estes robots para identificar cada un deles según ían saíndo no dado, e programando o escornabot para que chegase onde eles.




ROBÓTICA

Esta semana o traballo de robótica consistiu en atopar o pingüíno perdido... para elo un compañeiro escondía os pingüinos e outro tiña de dirixir o ESCORNABOT ao casilleiro correcto...

Traballamos así lateralidade, a resolución de problemas, orientación espacial, atención e concentración entre outro aspectos.








martes

ESCORNABOT

Ao longo do curso imos traballar con tecnoloxía STEM, polo que a finais do curso pasado compramos dous ESCORNABOTS que utilizaremos na aula periódicamente.

Para comezar traballamos a buscar o Elmer igual e guiar ao esconabot ata o seu casilleiro correspoondente.

Resultou un traballo moi motivador que os nenos e nenas acollen magníficamente!!!



luns

ROBÓTICA

Desde principio de curso os nenos e nenas de A Choeira 2 están traballando con coñecementos de Robótica o que lles permite aplicar os seus coñecementos e capacidades de lóxica, matemáticas e adquirir tamén aspectos relacionados co traballo en equipo e resolución de problemas.

Para eles é unha gran experiencia e moi motivadora, xa que ao principio de curso incorporamos un robociño que xa todos seguro coñecedes que responde ao no e de DOC. Con él traballamos a imaxinación, creatividade garantizando un mellor e maior aprendizaxe de ciencia e tecnoloxía aplicándoos a problemas reais.


PANEL DAS LETRAS

Coñecemos as letras do abecedario

Realizamos un panel que daranos  moito xogo para traballar a lectoescritura

A lectoescritura refírese ao período no que os nenos e nenas entre 4 e 6 anos de idade acceden a leer e escribir.

Non todos os nenos e nenas aprenden nin ao mesmo momento nin do mesmo xeito, xa que depende de factores madurativos, físicos, lingüísticos, sociais, emocionáis, pedagóxicos e intelectuais.


Por ese motivo utilizaremos un método ecléctico de aprendizaxe usando os mellores elementos de diversos métodos.









BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...