Páxinas

xoves

MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así hábitos da vida práctica, autonomía, responsabilidade, motricidade fina, contidos lóxico matemáticos, búsqueda de estratexias, educación saudable....





VOLTAMOS Á ESCOLA

O luns recibimos unha bonita sorpresa ao chegar á escola, alí tamén nos deixaron agasallos. Non sabemos se foi Papá Noel, O Apalpador ou os Reis Magos.


Mobles e bonecos para a casita e un xogo de imáns.


O martes puidemos traer a escola compartir o noso agasallo favorito do nadal cos nosos amigos e amigas: bonecas, animais, contos, coches, instrumentos...


sábado

MES DE NADAL

O mes de decembro  estivo marcado polas sorpresiñas que estaban agochadas no CALENDARIO DE NADAL. Alguna das propostas foron:
- Ir ao teatro.
- Escoitar contos de Nadal: "Cando Martiño tiña ganas de mexar na noite de reis".
-Agasallar e recibir palabras bonitas.
-Colocar as luces da nosa árbore de nadal.
- Elaborar adornos para a árbore.
-Escribir unha postal as familias e ir a correos para enviala.
- Propostas navideñas.
-Desexar as veciñas e veciños de Almeiras unas felices festas.
-Ver  a curtometraxe "Remote".
-Facer "neve" artificial para finalizar o solsticio de outono e dar a benvida ao inverno.
-Gravar un anuncio para a festa do nadal da escola e dar a benvida ao novo ano.

O NOSO CALENDARIO

SAÍDA AO TEATRO

ÁRBORE DE NADAL: DESHIDRATAMOS LARANXAS E ESCOLLIMOS CON QUE DECORAR A NOSA BOLA

SACAMOS O PIGMENTO DA CÚRCUMA PARA PINTAR AS POSTAIS

FIXEMOS O BOCETO E PASAMOLO A ACETATO

VISITAMOS CORREOS PARA QUE O CARTEIRO LEVASE AS POSTAIS AS NOSAS CASAS

ELABORAMOS POSTAIS E REPARTÍMOLAS POLOS BUZÓNS DOS NOSOS VECIÑOS

PROPOSTAS NAVIDEÑAS

ANUNCIO NADAL















.... CONTINUAMOS

 Desde Picasso a  los sentidos....



3 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O lema para conmemorarlo "Baixo o mesmo paraugas".








domingo

FESTA DE NADAL

Rematamos o trimestre celebrando unha xornada ambientada no "Crebanoces", reinos cheos de fantasía na que compartimos momentos inolvidables todos os nenos e nenas e as profes do CRA.

Desexarvos unhas festas cheas de sorrisos, risas, gargalladas e moita moita diversión.

Feliz 2024!



mércores

25 DE NOVEMBRO

A semana pasada estivemos inmersos no 25 N: Que sentimos cando nos fan daño? Que é o amor? A que recenden as mulleres das nosas vidas? Que emoción nos provoca ulilas? 
Dialogar, concienciar, sensibilizar, fortalecer, unir, admirar.... 
RESPECTO E IGUALDADE.



 

MERENDAS NA ESCOLA

Esta semana comezamos co programa FOGGA. Cada día os encargados da merenda a preparan para os seus compañeiros e compañeiras traballando así...