Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta CARPIÑO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CARPIÑO. Amosar todas as publicacións

domingo

CARPIÑO VISÍTANOS

ESTES DÍAS TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!!! CARPIÑO VEU A PASAR UNHA MAÑÁ CON NÓS.


CARPIÑO É UNHA PEQUENA CARPA QUE NOS PEDIU AXUDA O CURSO PASADO PARA AXUDARLLE A LIMPAR O MAR, QUE ÚLTIMAMENTE ANDA TAN CONTAMINADO.

AO LONGO DO DÍA DÉMOSLLE DE COMER E ÉL ENVIOUNOS UNHA CARTA PARA PRESENTARNOS A UNHA AMIGA QUE COÑECERA NUNHA DAS SÚAS AVENTURAS: "AVENTUREIRA SABELA".




NUNHA DAS SUAS VIAXES E CANDO ESTABA AXUDADNDO AO NOSO AMIGO CARPIÑO, SABELA ATOPOU UN MAPA CUNHA MARCA DUN TESOURO, UN TESOURO QUE TEREMOS QUE DESCUBRIR, POR ISO PREGUNTOUNOS SE QUERIAMOS AXUDALA... SABEDES CAL FOI A NOSA RESPOSTA?


PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN DESTA AVENTURA PREMENDO AQUÍ




venres

CARPIÑO: MISIÓN 12

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, E POR ISO CARPIÑO NOS ENVÍA A DERRADEIRA MISIÓN.

NESTA MISIÓN IMOS A COÑECER A UN FAMILIAR DE CARPIÑO, PARA DESCUBRILO SO TEDES QUE PREMER NA FOTO. 


https://pepateca.blogspot.com/2020/06/12-mision-de-carpino.html

xoves

CARPIÑO: MISIÓN 11

TEMOS NOVAS DE CARPIÑO

ENVÍANOS A MISIÓN 11!!!!

PREMEDE NA FOTO PARA DESCUBRILA



CARPIÑO: MISIÓN NOVE

CARPIÑO ENVÍANOS A MISIÓN NÚMERO 9!!!! 

NESTA MISIÓN CARPIÑO NOS VAI PRESENTAR AO SEU AMIGO ALEXO, O CANGREXO, QUE PRECISA DA NOSA AXUDA!!!!

PARA PODER VER A MISIÓN PREMEDE NA FOTO E DESCUBRIREDES DE QUE SE TRATA...


RECORDADE QUE TEMOS ATA O 8 DE MAIO PARA COMPLETAR ESTA MISIÓN

CARPIÑO: OITAVA MISIÓN

OITAVA MISIÓN SUPERADA!!!!

GRACIAS AOS AMIGUIÑOS DE PLÁSTICO QUE FIXÉCHEDES NAS VOSAS CASAS, SUPERAMOS A OITAVA MISIÓN QUE CARPIÑO E O SEU AMIGO RODOLFO O POLVO.

PODEDES VER O RESULTADO PREMENDO AQUÍ




martes

CARPIÑO: OITAVA MISIÓN

Xa vamos pola oitava misión, e neste caso Carpiño presentounos a Rodolfo o octópodo.


Rodolfo, está atopando no fondo do mar envases e botellas de plástico, algo que dificulta as súas vidas no día a día.

A oitava misión consiste en construir un amigo ou amiga de plástico con envases que xa non usemos e evitar así que algún deles terminen nos nosos mares.

Coa app TRASH TOYS, creamos un amigo que debemos componer entre todos cando volvamos ás nosas aulas.



O noso amigo de plástico, que entre todos e todas construimos, será así:


E para elo as nenas e nenas comprometéronse a traer os seguintes materiais:
África: vaso de plástico
Noa: Chapa de botella
Iria: Botón
Carmen: corcho de botella
Raquel: Goma de borrar
Area: Pincel
Antón B.: Muelle
Oliver: Palliña
Iván: Tenedor
Cole: Papeles de cores

Mentres esperamos a regresar ás nosas aulas, Carpiño deixounos unha mensaxe moi especial cunhas curtas para ver e reflexionar.

Podedes velas premendo AQUÍ

xoves

CARPIÑO: SÉTIMA MISIÓN

Unha nova misión nos envía Carpiño desde o seu fogar o mar.
Esta vez a ameaza ven polos produtos de hixiene que utilizamos no noso día a día.



Por iso descubrimos un montón de productos de hixiene que Carpiño enviounos nun neceser.


Moitos destes produtos terminan polo váter e polo tanto van a ao mar onde TOMÁS, o cabaliño de mar, amigo de Carpiño atopou algún deles.


A misión de Carpiño consiste en facer un experimento no que comprobemos qué materiais dos que tiramos polo váter son máis biodegradables e polo tanto podemos ou non tiralo polo váter.


Cun pouco de auga en tres cubos, botamos papel wc, toallias de bebé e toalliñas que en principio sí se poden tirar polo váter. Pero... Qué pasará????








Tras comprobar unha a  unha se realmente pasaban ben polas tuberías, nos comprometemos a contar o que pasa a todos os adultos que coñecemos: 

SOAMENTE O PAPEL HIXIÉNICO DESFAISE E NON ATASCA AS TUBERÍAS 

Así conseguimos superar a sétima misión!!!!

domingo

CARPIÑO: SEXTA MISIÓN

Na sexta misión para axudar a Carpiño, éste presentounos á súa amiga Xela, unha vieira que sentía pena xa que o grupo dos bivalvos son os grandes olvidados cando temos que elexir o noso animal preferido. Por este motivo, coñecimos algunha das súas cunchas.



Pero estes animais están ameazados por unha ecoameaza que fai que a súa vida no fondo do mar sexa un pouco incómoda: "as latas". 


Por iso a nosa nova misión consiste en reutilizar algunha lata para plantar cactus.



Unha vez superada a misión xa puidemos poñer o cruño número 6!!!!!





martes

CARPIÑO: QUITA MISIÓN

Na quinta misión que Carpiño nos enviou coñecimos ao seu amigo QUICO O GOLFIÑO, que últimamente non se achega as nosas costas por unha ecoameaza que dana a area das praias: AS CABICHAS.

A nosa misión consiste en escribir unha nota e agasallar a alguén que coñezamos cun cinceiro para levar a praia.






Unha vez completada a misión puxemos o cruño número 5 nas nosas credenciais


Cómo nos gusta axudar a Carpiño!!!!

Grazas ao concello de Arteixo que doou os cinceiros para poder realizar esta actividade

domingo

CARPIÑO: CUARTA MISIÓN

A cuarta misión chegou á nosa aula!!!!



Esta vez coñecimos a Pura a Tartaruga que lle encanta comer corais, algas, pequenos polbos e medusas. Pero dúas ameazas están a poñela en perigo: os envoltotrios e as bolsas, xa que ela cree que son medusas e as come por error.



Por iso a cuarta misión foi unha misión de concienciación na que tivemos que debuxar coa axuda do robot Mind unha tartaruga, para despois decorala con envoltorios plásticos das nosas merendas.






E unha vez rematadas as nosas tartarugas, puxemos o cuarto selo nas nosas credenciais.




SE QUEREDES VER O BLOGUE DA PEPATECA PREMEDE AQUÍ

venres

CARPIÑO: TERCEIRA MISIÓN

Xa antes de Nadal, Carpiño nos pedira axuda para a súa amiga Paz, unha esterliña de mar que tras sufrir un accidente cunha botella de cristal, non podía acudir a súa escola por un tempo. 
Nós investigamos sobre unha pregunta que o propio Carpiño nos enviou: Cómo nacen os peixes?. Cada escola debería investigar sobre unha pregunta, e Paz podería seguir aprendendo.





Tras investigar en libros, visitar o Aquario e ver algún video explicativo, resolvimos a pregunta e grabamos as nosas respostas e axudamos así á Estreliña  Paz..




Para ver todo o resultado de todas as investigacións premede AQUÍ

BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...