xoves

NADAL

Chegou o Nadal!!!!!

Xa colocamos a árbore de nadal na porta da nosa aula, pero falta decoralo... nos axudades?

Deixaremos material na mesa que hai na porta e tamén podedes traer vos aqueles adornos que consideredes para poñer na árbore.

Grazas pola vosa axuda!!!


domingo

EMBIGO

Esta semana dende a biblioteca se propuxo facer unha composición literaria para traballar o EMBIGO, nós fixemos esta canción.


EMBIGO, EMBIGO, EMBIGO EU QUERO EMBIGO,
OLA CHAVAL, QUÉ TAL ESTÁS?
EU TEÑO EMBIGO, TI TES EMBIGO?
EMBIGO, EMBIGO EMBIGO EU QUERO EMBIGO,
OLA CHAVALA, QUÉ TAL ESTÁS?
EU TEÑO EMBIGO, TI TES EMBIGO?
EMBIGO, EMBIGO, EMBIGO EU QUERO EMBIGO



ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS!!!!!!!!!

domingo

FAMILIAS DIVER

Porque a DIVERsidade é DiVERtida

Desde o equipo de biblioteca propúxose traballar a familia a través do conto "con Tango son tres" e facer unha actividade referente a esta. Vimos que todas as familias son DIFERENTES e DIVERSAS, pero tamén moi moi DIVERTIDAS. Por iso creamos nosas propias familias de papel albal que logo estampados das cores que ell@s elixiron. 

Porque é moi importante traballar as emocións non só en educación infantil, senón ao longo de toda a vida!!!





venres

SAMAÍN


A seman do 24 ao 28 de Outubro recibimos a visita de diersos personaxes que nos deron moito MEDOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO 

      - A Bruxa Babá Yagá ensinounos que ela nos tratará tal e como nós a tratemos... Polo tanto se amable e trata ben aos demáis para que te traten ben a ti.

      - Os dous velliños ensináronnos  de onde ven "O noso Samaín" e saber así un pouco máis de esta festa con raíces celta.


ESTAS FORON AS NOSAS CARAS



martes

DESPEDIDA

ENSINÁSTESME A DESFRUTAR DÍA A DÍA CAS VOSAS PALABRAS MÁXICAS E CA VOSA ENORME IMAXINACIÓN.
LEVAREIVOS NO MEU CORAZÓN E NO MEU RECORDO.

ATA SEMPRE!!!





UNHA VIAXE EMOCIONANTE

Nestes últimos días de curso tivemos un conticra na Choeira. Este era distinto os outros xa que foi elaborado polo alumnado de todas as escolas do CRA. Quedounos moi chuli!


MANUEL   E  GABRIEL

RECIBIMOS NA ESCOLA DA CHOEIRA A VISITA DE MANUEL,O PAI DE LAURA(DE SÉSAMO), E DE GABRIEL. ENSINARONNOS AS SEMELLANZAS E DIFERENZAS ENTRE A TROMPA,O VIOLÍN E A VIOLA,E ADEMAIS INTERPRETARONNOS VARIAS COMPOSICIÓNS. DISFRUTAMOS MOITO!
 

xoves

CUMPLES  DO 3º  TRIMESTRE

EN  MAÍO  CELEBRAMOS  O  ANIVERSARIO   DE  MATEO  E   A  FINAIS  DESTE  MES  TAMÉN VAN  CUMPLIR  ANOS  SARA, MARCO  E  NICO.
PARABÉNS  PARA  TODOS !!!



 CUMPLE  DE   NICO  E  FESTA   DE  FIN   DE  CURSO

martes

VIAXE  A  SANTIAGO

XA QUE ESTE ANO ESTIVEMOS A TRABALLAR SOBRE AS VIAXES DA AVIONETA PEPA,DECIDIMOS FACER UNHA VIAXE NUN MEDIO DE TRANSPORTE QUE NOS GUSTOU MOITO:O TREN. O LUGAR ELIXIDO FOI SANTIAGO DE COMPOSTELA,QUE HABIAMOS ESTUDADO DURANTE O CURSO.VIMOS A CATEDRAL E ESTIVEMOS NA PRAZA DO OBRADOIRO,NA PRAZA DA QUINTANA E NO PARQUE DA ALAMEDA ONDE ESTABAN AS DÚAS MARÍAS.NA ALAMEDA XANTAMOS E DESPOIS XOGAMOS.
FOI UNHA VIAXE EMOCIONANTE!!!

venres

ROMARÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS

CELEBRAMOS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS O DÍA 20 DE MAÍO NA TORRE DE CELAS. COMO NOUTROS ANOS EMPEZAMOS O DÍA CON XOGOS, FIXEMOS UN MAÍO E INTERPRETAMOS CANTOS DE MANUEL MARÍA. REMATAMOS A XORNADA XANTANDO EN FAMILIA E CON XOGOS PARA TODOS.
PASÁMOLO MOI BEN!!!

DÍA  DO  LIBRO

O DÍA 22 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO.
VISITOUNOS A DRAGONA RAMONA QUE NOS CONTOU O CONTO "A VIAXE DAS BOLBORETAS" E DESPOIS FIXEMOS TALLERES POR GRUPOS. TAMÉN SOUBEMOS QUE VALERIA DA ESCOLA DE LEDOÑO GAÑOU O PREMIO DO CONCURSO SELFIE POLA LECTURA.
PARA REMATAR A XORNADA E DESPOIS DE MERENDAR XOGAMOS NO PATIO.
DIVERTÍMONOS MOITO!

AS  FASES  DA  LÚA

Esta actividade gustounos moito. O profe Iván explicounos as catro fases da lúa. Fixemos grupos e con galletas oreo representamos as fases.O mellor de todo foi que ao final  acabamos comendo as galletas! 

VOTAMOS

ENTRE AS FOTOS RECIBIDAS NA NOSA CLASE PARA O CONCURSO"FAITE UN SELFIE POLA LECTURA",VOTAMOS A QUE MÁIS NOS GUSTOU.A FOTO QUE GAÑOU FOI A DE BLAS QUE PARTICIPARÁ NA SEGUINTE VOTACIÓN CAS GAÑADORAS DAS OUTRAS ESCOLAS.O CONCURSO RESOLVERASE O DÍA DO LIBRO.


xoves

TALLER  DE  RECICLAXE

PARA CELEBRAR O DÍA DA TERRA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO REALIZAMOS UN TALLER DE RECICLAXE. FIXEMOS UNHA CASTAÑUELA E UNS PRISMÁTICOS UTILIZANDO DISTINTOS MATERIAIS: O CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO,CHAPAS E TAPÓNS DE BOTELLAS E CARTÓN DE CAIXAS.
QUEDARONNOS MOI BEN!

MOVEMENTOS  DA  TERRA

CO PROFE IVÁN ESTUDAMOS OS MOVEMENTOS DE ROTACIÓN E TRASLACIÓN, E PARA ENTENDELOS MELLOR REALIZAMOS UNHA MANUALIDADE QUE LEVAMOS PARA CASA.

A  DANZA  DA  CHOIVA

O DÍA 11 DE ABRIL ESTIVEMOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA ONDE ASISTIMOS A REPRESENTACIÓN DA OBRA "A DANZA DA CHOIVA" DA COMPAÑIA ELEFANTE ELEGANTE. A HISTORIA TRATABA SOBRE OS EFECTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO.
ENCANTOUNOS!!!

venres

DÍA  DA  ÁRBORE

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE NO XARDÍN BOTÁNICO DO BURGO.A PRIMEIRA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS FOI PLANTAR DOUS CARBALLOS,AOS QUE LLE PUXEMOS OS NOMES DE CARBALLIÑO E LIS.DESPOIS DESCANSAMOS UN POUCO E MERENDAMOS. NA SEGUINTE ACTIVIDADE ACOMPAÑOUNOS UN MONITOR CO QUE XOGAMOS A ENCONTRAR PISTAS POR TODO O XARDÍN.
E PARA REMATAR A XORNADA DISFRUTAMOS DUNHA OBRA DE TEATRO QUE TIÑA COMO PROTAGONISTA UN CARBALLO.
PASÁMOLO MOI BEN!!!


xoves

CUMPLEANOS  SEGUNDO  TRIMESTRE

Neste trimestre cumpliron catro anos  Lara e Martiño. 
Parabéns para os dous!

martes

PLANTAMOS

ESTE ANO PLANTAMOS NA NOSA  HORTA  PATACAS, COLES, LEITUGAS, E ADEMÁIS SEMENTAMOS  CENORIAS  E  PIPAS DE CABAZA.
ESPERAMOS  TER  BOA  COLLEITA!

venres

XOGA

O DÍA 3 DE MARZO ASISTIMOS NO FORUM METROPOLITANO AO ESPECTÁCULO "XOGA". A COMPAÑÍA ENTREMANS A TRAVÉS DA MÚSICA E A DANZA ENSINOUNOS  AS PARTES DO NOSO CORPO E O SEU FUNCIONAMENTO.
GUSTOUNOS MOITO!!


mércores

ARCOS  IRIS

No CEIP Ría do Burgo asistimos a un concerto didáctico. O grupo Arcos Iris interpretou obras musicais  que expresaban diferentes emocións e disfrutamos moito delas !!!



FESTIVAL  DO  ENTROIDO

O DÍA 5 DE FEBREIRO XUNTÁMONOS TODAS AS ESCOLAS DO CRA NO PAVILLÓN MUNICIPAL  DE ALMEIRAS PARA CELEBRAR O FESTIVAL DO ENTROIDO.
PASÁMOLO XENIAL!!!


DISFRAZÁMONOS

PARA IR AO FESTIVAL DO ENTROIDO,ESTE ANO DISFRAZÁMONOS DE `PLÁTANOS DE CANARIAS´,XA QUE ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE GRAN CANARIA.
ESTABAMOS GUAPÍSIMOS!!!


luns

ENTROIDO

Na semana do Entroido tivemos que seguir as indicacións de Mandacrá que cada día pedíanos levar á escola algo distinto. Tamén elaboramos os nosos disfraces e fixemos unhas caretas de `canarios´. 

venres

DÍA  DA  PAZ

EMPEZAMOS  O  DÍA  CUN  CONTICRA: ¨SAL  E  AZUCRE¨. PROBAMOS  O  SAL  E  O  AZUCRE, E  COMO  XA  ERA  DE  ESPERAR  O  QUE  MÁIS  NOS  GUSTOU  FOI  O  DOCE. PARA  SEGUIR  CONMEMORANDO  ESTE  DÍA  NA  ESCOLA  DA  CHOEIRA  ENCHEMOS  AS  LETRAS  DA  PALABRA  PAZ  CON  PALABRAS  RELACIONADAS  CA  CONCORDÍA  E  A  BOA  RELACIÓN  ENTRE  TODOS. 


 

VOTACIÓNS

Votamos na nosa aula para escoller o mellor libro do CRA de Culleredo do 2015. O profe Iván explicounos os pasos a seguir. Na mesa de votacións tíñamos presidenta, vogal e secretario. Ao final o conto que gañou foi ¨Hércules e Crunia¨. Gustounos moito esta experiencia!



COMEZO CURSO 2019-2020

My countdown Countdown