Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta SISTEMA SOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SISTEMA SOLAR. Amosar todas as publicacións

martes

REFORZAMOS CONTIDOS

Tanto nas vosas cosas como no cole, seguimos a investigar sobre o planeta no que vivimos, polo que a familia de Pablo nos aportou un Sistema Solar e un planeta Urano descubrindo e compartindo con nós as aprendizaxes realizadas.





Ademais reforzamos contidos traballados ao longo destes días coa axuda das TIC: xogando con Apps e realizade aumenta.






O NOSO PLANETA

O planeta no que nós vivimos é a Terra, por iso Noa trouxo unha pelota co debuxo desta. 

Ela nos dixo onde vivimos, é descubrimos que hay xente que vive no outro lado da Terra, é se aquí é de día, alí entón sera de noite?




Pero nos xurdiu unha dubida, por qué se fai de día ou de noite? Moitos pensabamos que era o Sol o que se movía e viña de día pero marchaba de noite, ata que descubrimos que o que se move non é o Sol senón a Terra é a Lúa, que  da lugar ao día é a noite. Para comprobalo fixemos nós mesmos de Sol, Terra e Lúa xirando nas súas órbitas.




E para comprendelo un pouquiño mellor fixemos unha sencilla manualidade que tamén lles axudará a explicarlo na casa.


CÓMO É A TERRA POR DENTRO?

O noso compañeiro Breixo investigou coa súa familia na casa e descubriron que a Terra non ten auga por dentro, tal e como pensabamos, senon que ten varias capas e que ben podemos diferenciar coa manualidade que eles fixeron.





Todas e todos quixemos compartir este novo aprendizaxe coas nosas familias, polo que Breixo nos ensinou cómo facelo.




O único que falta agora é que a cortedes pola metade e descubriredes vos tamén as capas da Terra.

Grazas por axudarnos Breixo!!  



sábado

O SISTEMA SOLAR

Para poder coñecer un pouquiño máis sobre o noso planeta, nos plantexamos a cuestión de si habería máis planetas como o noso. 

Superman provén do planeta Krypton, pero está moi moi lonxe do noso sistema solar, por iso o primeiro que fixemos foi descubrir outros planetas do noso Sistema Solar, e descubrimos que: o SOL é unha estrela, e ao seu redor xiran 8 planetas, aínda que nun principio non sabíamos a súa orde, pouco a pouco os fomos colocando correctamente.




Tamén aprendimos cancións que nos axudarán a recordar os seus nomes.





Deste xeito puidemos facer o noso propio SITEMA SOLAR e así consultalo sempre que o precisemos.





Ademáis tamén contamos coa aportación da familia que Antón Bergondo que dende logo nos axudará a visualizar e comprender mellor algúns contidos. 

GRAZAS POLAS VOSAS COLABORACIÓNS FAMILIAS!!!!!



BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...