luns

CONCIENCIA FONOLÓXICA

Coa axuda do ESCORNABOT traballamos a CONCIENCIA FONOLÓXICA.


Cada un/ha de nós deberíamos coller unha carta e levar o Escornabot ata a casilla correspondente. 



Posterioremente indicaremos as letras que compoñen a palabra en cuestión identificando cada un dos fonemas que a compoñen.


Un xeito diferente e lúdico para traballar a LECTOESCRITURA





CARTEIS DE CINE

Coa axuda da nai de Antón Bergondo descubrimos os CARTEIS DE CINE.



En días anteriores limos na aula o conto "DRAGUSTÍN, UN DRAGÓN DE CINE", mediante o cal descubrimos novos conceptos que iremos traballando e indagando ao longo do curso relacionados co cine. 


Hoxe toca traballar os "CARTEIS" e para iso Ana e Antón Bergondo propuxéronnos facer por equipos e individuais carteis pintados por nós mesmos e mesmas.


Despois de que cada equipo chegase a un acordo do que querían debuxar utilizaron diferentes técnicas para crear verdadeiras obras de arte.




GRAZAS ANA POR AXUDARNOS A FACER UNS CARTEIS MOI ESPECIAIS QUE SEGURO QUE VEREDES NOS VINDEIROS GOYAS







GARAXE

Esta semana recibimos a visita dos pais de Aitana para traernos un agasallo.
Para descubrir qué era, fixemos un xogo...

Con cada peza que nos ensinasen deberíamos dicir qué creíamos que era e para qué pode servir:

É unha bandexa e serve para facer unha pizza.


É unha maqueta e serve para xogar cós trens.

Unha vez empezada a construcción, se sabemos o que é dicimos "PARA" e o expoñemos aos demáis:

É unha casita con cheminea e tobogán.

É un edificio.

Finalmente descubrimos que era un GARAXE e servía para XOGAR COS COCHES.


Agora tócanos traballar a nós e terminar de lixar, pintar e pegar... cado teñamos o resultado ensinarémosvolo.



GRAZAS AITANA, GUILLERMO E ISABEL POLA VOSA AXUDA E TRABALLO






CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado 14 de Marzo realizamos outra saída didáctica ao edificio de Usos Múltiples para ver un "CONTO PARA ESCOITAR MENTRAS BAILAMOS UN VALS"

Alí descubrimos a historia dunha nena, Sabela, en busca do instrumento máis fermoso do mundo. Para atopalo contou coa axuda duns animais que lle ían axudando ata que finalmente... o atoparía???


ARQUITECTURA

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha actividade moi interesante coa lectura do conto "PEDRO PERFECTO ARQUITECTO"





Proponíase a idea de facer unha maqueta dunha edificación que consideramos en falta no concello de Culleredo. Despois de moito debatir chegamos ao acordo de que o que realmente fai falta neste concello é un ACUARIO.




Para facelo tiñamos que utilizar materiais de refugallo así que mans á obra, e este foi o noso traballo:






E onde o colocaríamos? 
NA EXPLANADA APARCAMENTO DO BURGO 

DÍA DA MULLER

O Día 8 de Marzo celebramos na aula o DÍA DA MULLER e como non visionamos unha curta na que as diferencias de xénero non deberían existir.

SUPERLOLA LA SUPERHEROÍNA QUE MÁS MOLA










O CACO DE PEPA

Para superar o reto 10 o CACO DE PEPA propúxonos vir vestidos ao cole durante a semana de entroido con diferentes accesorios e sacarnos unha foto o ultimo día.

Esta foi a foto que nós lle enviamos...



Se queredes ver os resultados de todas as escolar entrade no seguinte enlace:

O CACO DE PEPA

SUPERAMOS O RETO 9

Esta vez o Caco de Pepa quixo implicar a todas as familias para poder superar o reto 9. Para elo deberíamos enviarlle fotos de obras de arte que temos nas nosas casas e conseguir un total de 75 obras de arte e chegamos a un total de 136!!!!.

GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!!!



Podedes ver o video no seguinte enlace:

http://pepateca.blogspot.com/2019/02/9-reto-do-caco-de-pepa.html

ROSALÍA

Para celebrar o aniversario dunha das mulleres máis importantes da nosa comunidade, ROSALÍA DE CASTRO, quixemos dedicar un vídeo moi especial realizado polos nenos e nenas da Choeira 2 con axuda do equipo de Normalización. 

Este foi o noso traballo.

LIBRE O MEU PENSAMENTO


ENTROIDO 2019

O pasado 1 de Marzo celebramos o Entroido no pabellón de Almeiras con todas as nenas e os nenos do C.R.A. de Culleredo.

O pasamos fenomenal facendo xogos, bailando e compartindo parte da nosa xornada coas familias. 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACÓN.

Aquí tedes o vídeo do ben que o pasamos!!!!



COMEZO CURSO 2019-2020

My countdown Countdown