luns

MATEMÁTICAS

As matemáticas existen en multitud de situacións, ata tal punto que necesitamos delas constantemente, ben na escola, no supermercado, ou en casa á hora de cocinar.

A principal función das matemáticas é o desenvolvemento do pensamento lóxico, interpretar a realidade e a comprensión dun tipo de linguaxe

O comenzo para entrar no mundo das matemáticas requiere dun proceso abstracto, é por isto que desde pequenos se traballar conceptos matemáticos básicos y desenvolvendo as primeiras noción lógicas dos nenos e nenas. Por están razón é importante que na educación infantil se creen as primeiras estructuras conceptuais das matemáticas, como a clasificación e a seriación, estes conceptos á larga consolidan e forman o concepto de número.


ANIVERSARIO DE CRISTIAN

Celebramos o primeiro aniversario do curso

CRISTIAN CUMPRE 5 anos e o pasamos xenial.

Da tarta non quedaron nin as migas.

FELIZ ANIVERSARIO CRISTIAN


3ª CARTA ILLA FANTASÍA

Unha nova carta chega á aula, nela proponsenos 3 retos que temos que realizar... ainda non conseguimos todos, pero seguro que os conseguiremos.



CÓMIC VERDURAS

Unha nova ACTIVIDADE ven da biblioteca... o libro a traballar é




As verduras están enfadadas!!!

Niguén asa quiere comer!!!

SOS


Algo temos que facer.... por exemplo....Un CÓMIC







MAGOSTO 2017

O día 9 de Novembro celebramos o MAGOSTO.

Todas as escolas do CRA xuntámonos na Torre de Celas onde fixemos xogos, entregamos os regalos ás mulleres que no curso pasado nos axudaron no día da Muller, e como non...TAMÉN COMIMOS CASTAÑAS.


AQUÍ TEDES O VÍDEO DO BEN QUE O PASAMOS

LATERALIDADE

establecemento da lateralidade implica o assentamento dun lado do corpo en relación da maioría de tareas, esta dominancia establécese en 4 partes importantes do noso corpo sendo estas o ollo, a man, a perna e o oído.


Que se dea unha lateralidade ben definida implica que o neno e a nena poidan ter uns referentes corporais máis claros, facilitando deste xeito o dominio do esquema corporal e de este xeito á vez a orientación espacial que resulta tan importante no desenvolvemento da aprendizaxe da lectoescritura.


2º EXPERIMENTO CON IVÁN

Esta vez o Profe Iván nos trouxo un limón para escribir... sí, sí, para escribir mensaxes  ocultas!!!

O mollo do limón é unha mezcla de diferentes sustancias orgánicas (principalmente ácido cítrico), polo que ao calentalo lévase a cabo unha combustión, que deixa algúns resíduos de carbón, que son os responsables do oscurecemento das letras.


SOMOS AS PROTEÍNAS

DESDE A BIBLIOTECA FIXEMOS A PRIMEIRA ACTIVIDADE, EN PRIMEIRO LUGAR TOCOUNOS A ACTIVIDADE TIC NA QUE TIÑAMOS QUE FACER UN VÍDEO DUN DOS GRUPOS DE ALIMENTOS DA PIRÁMIDE ALIMENTICIA ELEXIDO AO AZAR...


A NÓS TOCOUNOS AS PROTEÍNAS


O consumo de proteínas resulta de vital importancia para levar unha alimentación correcta en cualquiera persoa, pero moito máis se falamos de nenos e nenas xa que consumen moita enerxía






As proteínas  son básicas para crecer sans e fortes e por iso debemos incluilas na súa dieta na proporción adecuada.

As proteínas atópanse en moitos alimentos e é importante que o seu consumo sexa variado. Dentro destes hay dous grandes tipos de proteínas: as de orixe vegetal e as de orixe animal.








1ª VISITA BRÚJULA

De repente un día apareceu BRÚJULA!!!!

Recibimos a primeira visita deste curso dunha personaxe de Illa Fantasía.

Resulta que Brújula apareceu en A Choeira un pouco desorientada e cunha maleta na que guardaba un montón de cousas...

Queredes velas??



SAMAÍN

O SAMAÍN chegou un ano máis ao C.R.A. De culleredo, e con él o MEDO....

Esta vez visitounos unha vampira que perdeu o seu amigo RUFUS, entre todos e todas o buscaron e o atoparon, por iso en agradecimento a vampira convidou aos nenos e nenas da Choeira a unha merenda un tanto particular... 



COMEZAN OS EXPERIMENTOS CON IVÁN

A experimentación é o mellor xeito  para  introducir aos nenos e nenas no mundo das ciencias. Coa realización de experiencias os nenos elaborarán hipóteses e experimentarán con materiais, para despois desenvolver pensamientos que fagan comprender o que sucedeu e así reflexionar sobre os resultados. Deste xeito comenza a construir os seus coñecementos coa axuda dun adulto.  

É o que Vigostky chama Zona de Desenvolvemento Próximo, que é a distancia que hay entre o nivel de desenvolvemento real e o nivel de desenvolvemento potencial,é dicir, a distancia que hay entre o desenvolvemento que xa se producía, que marca o conxunto de actividades que o neno é capaz de realizar por si solo e o conxunto de actividades que é capaz de realizar coa axuda e material. 





CONTICRA

No primeiro ContiCRA do curso, un monstruo escapouse!!!!

Queredes ver o que pasou?


2ª CARTA DESDE ILLA FANTASÍA

Volven a chegar noticias desde illa fantasía.

Outra vez escríbenos YOU YOU TU, e nos  e explica que no desván da súa avoa atoparon un colgante, era un AMULETO

Investigamos que é un amuleto e facemos o noso propio, UN ATRAPASOÑOS







PINTAMOS UNHA CABAZA TODOS E TODAS

cooperación ou colaboración é a tarefa de axudar, dun xeito desinteresado, aos demáis.

Para que os nenos e nenas sexan persoas colaboradoras e cooperantes, é preciso que desenvolvamos neles a súa xenerosidade, solidaridade e altruismo.


A cooperación e axuda mutua debe ensinarse desde as primeiras idades. O aprendizaxe e o traballo cooperativo é unha ferramienta útil para enfrentar os retos educativos e sociais actuais, para interactuar a partir das diferencias de cara a situacións cada vez mellores, dando resposta así, xunto a outras actuacións, a dita pluralidad.

Non debemos esquecer que todos e todas nalgún momento das nosas vidas precisamos ou precisaremos algún tipo de axuda... 





@S SUPERENGARGAD@S VIAXAN A ALEMANIA

@S SÚPER ENCARGAD@S VIAXAN A DUISBURGO (ALEMANIA)

Descubrimos un lugar no que se fai un concurso de cabazas, e viaxamos a DUISBURGO onde atopamos unha pequena granxa onde se cultivan todo tipo de hortalizas.

Localizamos no mapa Alemania e descubrimos que cabaza en alemán dise KÜRBIS, e gracias dise DANKE

Tamén localizamos e identificamos a bandera de Alemania e vemos que todos os países do mundo teñen unha... traballamos a atención buscando as que son iguais.





COMEZO CURSO 2019-2020

My countdown Countdown