Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta VALORES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VALORES. Amosar todas as publicacións

luns

MAGDALENAS DE PLÁTANO

África nos trouxo para compartir unhas magdalenas de plátano para compartir con todos e todas as compañeiras. Vimos as fotos e explicounos a elaboración da receta, tamén vimos a forma e as cores das fiambreiras e contamos cántas había no molde e cantas había en clase... 

Se no molde hay 18 magdalensa e África trouxo 13... Cántas comeu África na súa casa???

GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA DELICIA!!!














PATAPATÚN

Imos ao teatro a ver unha obra realmente interesante non só para os nenos e nenas senon tamén para os adultos.


Reflexionamos do que é realmente importante...


Aquí tedes un pequeno anaco de “PATAPATÚN” da compañía Elefante Elegante



RASCA que sempre GAÑAS

Con motivo da chegada do día do AMOR quitemos facer agasallos... pero non un agasallo cualquiera, xa que tiña que ser algo que pudiéramos dar sempre e en calquera momento.

Despois de moito pensar, chegamos á conclusión de que besos, abrazos e caricias era algo que a todos e todas nos gustaba e o podíamos dar en calquera momento.

Así que fixemos o xogo de  “RASCA E GAÑA”
Pensamos, escribimos e disfrutamos

E A TÍ... QUÉ CHE TOCOU?








DÍA DA PAZ

A educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos direitos humanos, a non violencia e a paz son fundamentais para o quefacer diario na nosa aula.

Unha educación inspirada en unha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os de outras persoas.

Por iso o DÍA DA PAZ na nosa aula fixemos unha receita moi especial: 
“SOPA DE ARROZ DA PAZ”

INGREDIENTES:
Arroz
Bondade
Felicidade
Cariño
Bicos
Abrazos
Caricias


OLLO: Remover, non axitar!!!!


BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...