mércores

SAMAÍN

Ao longo destes días foi aparecendo na nosa escola o espírito do SAMAÍN. 




Decoramos a aula e as cabazas e escoitamos cancións desta celebración.





Pero como en días anteriores recibíramos a mensaxe de Batman, decidimos facer morcegos tan característicos destas datas.





O día da celebración na nosa escola, o mércores 30, fixemos unha excursión á Torre de Celas e alí escoitamos un conto de tres "Esqueletos Divertidos", xogamos e comimos castañas xa que amén celebramos o Magosto.

Aínda que nos gusta moito esta celebración, pasamos un pouco de medo coas personaxes que foron aparecendo... 

Próximamente teredes o video colgado no blogue do CRA de Culleredo!!




Para ver o video premede AQUÍ



martes

CARPIÑO: CREDENCIAIS

Unha nova mensaxe chegou á nosa escola!!




Tal e como dijera CARPIÑO, recibimos as credenciais das ecomisións.


Nesta nova mensaxe, contounos que ao longo do curso recibiremos unhas cartas con Ecomicións e Ecoameazas e así, iremos resolvendo diversas tarefas, así cada vez que as vaiamos superando iremos completando as notas credenciais.


ANIMAIS

Coa mensaxe de Batman, comenzamos a descubrir animais que viven no planeta Terra. 

Tras observar varias especies, vimos que as podemos clasificar según tres criterios: 

- Animais de Terra
- Animais de Mar
- Animais de Aire

Pintamos o seu hábitat:




Identificamos os animais de cada hábitat:


E buscamos o seu nome:


E colgamos os carteis para así poder xogar con eles cando queiramos:






CARPIÑO

O pasado venres, o profe Iván recibiu unha mensaxe moi especial!!! Era nin máis nin menos que do "CACO DE PEPA", que ao ver un anuncio de alguén que buscaba axuda, acordouse de nós e propúxonos un xogo para descubrir quén era o que nos necesitaba de para desempeñar esta misión.



Para ver o video pinchade AQUÍ

Esta vez O CACO DE PEPA preparounos un BREAKOUT para descubrir esta personaxe.

A primeira misión tal e como nos dixo, estaba no noso baño.



Pero non ía ser nada fácil, xa que a mensaxe viña oculta e tivemos que descubrir cómo descifrala.



Entón descubrimos que a seguinte pista estaba na biblioteca de aula xunto cos libros de investigación.


E resolvendo as definicións descubrimos donde se atopaba a seguirte pista: NA ÁRBORE.




Neste caso coa axuda dun filtro vermello, descubrimos onde atopar a seguinte pista: No plano da Nosa aula.



E alá fumos á biblioteca, onde por fin topamos a pista definitiva que nos ía desvelar que precisaba da nosa axuda.



Pero se pensabades que esto terminaba aquí, ainda quedaba por escanear un código QR que enlazaría cunha mensaxe moi especial.



E así descubrimos a CARPIÑO. Vimos o video e comprometémonos a axudalo.


Se querelles ver o video premede AQUÍ




luns

1ª TAREFA INTEGRADA

Desde o equipo da biblioteca e en relación co Proxecto Documental Intergado, imos realizar varias actividades ao longo do curso. 


A primeira destas actividades veu da man dos Escornabots, uns pequenos robots que nos axudan a integrar aprendizaxes dun xeito significativo e motivado.



Para realizar esta tarefa tivemos que identificar ás árbores como seres vivos importantes no noso planeta e fundamentais para a vida. De todas as árbores que hai no noso planeta, o libro "INVENTARIO DAS ÁRBORES" ofrécenos a posibilidade de coñecer 57 especies e 11 delas moi comúns no noso entorno. 



Co Escornabot fixemos un xogo que nos resulto moi divertido e nos axudou a coñecer máis en profundidade árbores como o carballo ou o acivro, tan comúns en Galicia. Para elo tiñamos 11 tarxetas coa foto de follas de árboles que primero deberíamos identificar e depois guiar ao Escornabot á casilla correspondente.



Por último somente quedaba buscar tres árboles que están no noso patio!!!





Recordade!!! debemos coidar o MEDIO AMBIENTE para ser grandes superheroes e superheroínas!!!






martes

BATMAN

Hoxe apareceu no na Choeira 2 BATMAN, que tras falar con SUPERPEPA quixo enviarnos unha mensaxe e así axudarnos na nosa misión de Axudar ao planeta Terra.



Agora toca coñecer aos seres vivos que habitan o planeta Terra!!!

REFORZAMOS CONTIDOS

Tanto nas vosas cosas como no cole, seguimos a investigar sobre o planeta no que vivimos, polo que a familia de Pablo nos aportou un Sistema Solar e un planeta Urano descubrindo e compartindo con nós as aprendizaxes realizadas.





Ademais reforzamos contidos traballados ao longo destes días coa axuda das TIC: xogando con Apps e realizade aumenta.






O NOSO PLANETA

O planeta no que nós vivimos é a Terra, por iso Noa trouxo unha pelota co debuxo desta. 

Ela nos dixo onde vivimos, é descubrimos que hay xente que vive no outro lado da Terra, é se aquí é de día, alí entón sera de noite?




Pero nos xurdiu unha dubida, por qué se fai de día ou de noite? Moitos pensabamos que era o Sol o que se movía e viña de día pero marchaba de noite, ata que descubrimos que o que se move non é o Sol senón a Terra é a Lúa, que  da lugar ao día é a noite. Para comprobalo fixemos nós mesmos de Sol, Terra e Lúa xirando nas súas órbitas.




E para comprendelo un pouquiño mellor fixemos unha sencilla manualidade que tamén lles axudará a explicarlo na casa.


CÓMO É A TERRA POR DENTRO?

O noso compañeiro Breixo investigou coa súa familia na casa e descubriron que a Terra non ten auga por dentro, tal e como pensabamos, senon que ten varias capas e que ben podemos diferenciar coa manualidade que eles fixeron.





Todas e todos quixemos compartir este novo aprendizaxe coas nosas familias, polo que Breixo nos ensinou cómo facelo.




O único que falta agora é que a cortedes pola metade e descubriredes vos tamén as capas da Terra.

Grazas por axudarnos Breixo!!  



CALENDARIO DE ADVENTO

COA AXUDA DA NOSA MESTRA EN PRÁCTICA MIRIAM, DESCUBIRMOS CADA DÍA UNHA SORPESA NO CALENDARIO DE ADVENTO E DIRIXIDO POR UN ESCORNABOT QUE NOS...