Páxinas

venres

BIBLIOTECA DE AULA

Hoxe montamos a nosa biblioteca de aula. Xa podemos levar libros as nosas casas e poder disfrutar deles en familia!!!

Colocamos todos os contos e libros no seu espazo correspondente, para así saber onde buscalos e telos correctamente ordenados.


Pero como ás veces se nos esquece deixalos no sitio correcto, ao longo deste trimestre teremos dúas guardiás da biblioteca: NOA E CARMEN, que cambiarán no segundo e terceiro trimestre.




E agora sí que sí... podemos levar contos para as nosas casas!!!! Recordade que o luns teñen que regresar á escola para seguir disfrutando deles.


Ademáis cada 15 días irá rotando a mochila viaxeira na que atoparedes libros de varias categorías!!!!

E recordade!!!!

"A LECTURA É Á MENTE O QUE 
O EXERCICIO AO CORPO" 
Joseph Addison

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...