Páxinas

martes

CUMPLES  DO  PRIMEIRO  TRIMESTRE



MAGOSTO

O  MARTES  DÍA  10  CELEBRAMOS  O  MAGOSTO  NA  TORRE  DE  CELAS.  LEVAMOS  CESTAS  QUE  FIXEMOS  NA  ESCOLA  E  PASÁMOLO  MOI  BEN  XOGANDO A  RAÍA, AO  TROMPO, AS  CARREIRAS  DE  CASTAÑAS  NA  CULLER, AS  CONSTRUCCIÓNS  CON  CAROZOS  E  A  ENCESTAR  A  CASTAÑA.  AO  FINALIZAR  OS  XOGOS  MERENDAMOS  CASTAÑAS  ASADAS.  DIVERTÍMONOS  MOITO!!

BIBLIOTECA   DE  AULA

           O  PROFE  IVÁN  E  A  PROFE  MABEL  EXPLICÁRONNOS  O  FUNCIONAMENTO   DA  NOSA  NOVA  BIBLIOTECA  DE  AULA.  DIXÉRONNOS  QUE  HABRÁ  DOUS  GUARDIÁNS  QUE  VIXIARÁN  QUE  TODO  ESTE  COLOCADO  NO  SEU  SITIO.  TAMÉN  TEMOS  UNHAS  MOCHILAS  NOVAS  DE  COR  LARANXA  PARA  LEVAR  OS  LIBROS  E  PELIS  A  CASA. 
           GÚSTANOS  MOITO  A  NOSA  NOVA  BIBLIOTECA  DE  AULA !

NO    SAMAÍN

BALEIRAMOS  E  DECORAMOS    CABAZAS



FIXEMOS   PANTASMAS   E
 


MORCEGOS 


 

luns

TRES  FANTASMITAS

VIÑERON  A  VISITARNOS   Á  ESCOLA  TRES  PANTASMAS  QUE   AO  PRINCIPIO  ASUSTÁRONNOS  UN  POUCO  PERO  DESPOIS  CONTÁRONNOS  QUE   ESTABAN   ARREPENTIDOS  E  QUE  NON  LLE  DIXÉSEMOS  NADA  AOS  SEUS  PAIS.  ANTES  DE  MARCHAR  REGALARONNOS   UN  OLLO   E  UNHA  CABAZA  DE  CHOCOLATE !

mércores

A MALETA DE PEPA

Un día cando chegamos pola mañá á escola atopamos unha maleta con moitas cores.Dentro dela descubrimos unha carta da avioneta Pepa, unhas tarxetas postais e dous mapas: un de Galicia e outro de España.Na carta contaba que quería visitar moitos sitios de Galicia e que nos iría informando das súas viaxes.


mércores

DÍA  DO  LIBRO

Na semana que conmemoramos o Día do Libro a avioneta Pepa deixounos un paquete colgado do teito que ata o xoves día 23 non podiamos abrir. Ao chegar ese día abrímolo e alí estaba o conto " A princesa que bocexaba a todas horas".
Celebramos o Día do Libro todas as escolas na Choeira. Visitounos a Dragona Ramona e realizamos talleres. Por último merendamos todos xuntos.                                      
Pasámolo xenial!

OUTRA  PROBA  PARA  CRABELA

A PRINCESA CRABELA MANDOUNOS UNHA CARTA NA QUE TIÑAMOS QUE INVESTIGAR COA AXUDA DOS NOSOS PAIS  COMO ERA O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO E O FIXEMOS MOI BEN.

 


DESPOIS DE INVESTIGAR SOBRE O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO TAMÉN NA NOSA CLASE ESCOLLIMOS UN ESCUDO ENTRE TODOS E QUEDOUNOS MOI BONITO.



martes

UNHA EXPERIENCIA DE PRESIÓNS

Esta experiencia consistía en levantar un vaso sen tocalo utilizando tres obxectos: un globo, unha candea e aceite. O profe Iván explicounos que primeiro tiñamos que quentar o vaso e colocar o globo sobre este e despois metelo en auga. Con esto producese un cambio de presión dentro do vaso o que fai que succione o globo. Encantounos!

EXPERIENCIAS  CON  GLOBOS

Para este experimento plantexounos o profe Iván tres preguntas. Si era posible inflar un globo sen soplar, poñer lume debaixo dun globo sen que rebentase e pinchar un globo sen que estoupe. Descubrimos que todas estas hipóteses podianse facer si utilizamos a axuda de bicarbonato e vinagre no primeiro caso, auga no segundo e aceite no terceiro. Canto aprendemos!


xoves

PLANTAMOS

Este ano plantamos na nosa horta patacas, cebolas, coles, leitugas,  e sementamos cenorias. Tamén na xardineira do patio plantamos flores e na aula petunias en recipientes de iogur. Esperamos que nos medren moito. Temos que coidalas !!

 

martes

SAÍDA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

No Castelo de San Antón de A Coruña visitamos distintas partes: o patio de armas, a casa do Gobernador, unhas salas con exposicións de restos arqueolóxicos e pezas de orfebrería,os  xardíns,...e o alxibe que foi un dos sitios que máis nos gustou.



xoves

TITIRITESA

Viñeron a nosa escola dúas princesas! Eran Mabel e Bea! Contaronnos o conto de "Titiritesa" que trataba tamén de princesas.
Esperamos pronto a vosa visita con outro CONTICRA.

               


 UNHA MENSAXE SECRETA

Este experimento deixounos abraiados porque empezamos facendo zume de limón e co zume escribimos o noso nome que despois descubrimos que se podía ler! Para rematar bebimos o zume que nos sobrou e chegamos a seguinte conclusión: o zume de limón é un ácido que o secar o papel quédase nel. Se  poñemos o papel preto do lume quedan residuos de carbón e por iso podemos ver a mensaxe.
Maxia!!

 

EL  LAGO  DE  LOS  CISNES

O día 26 de febreiro estivemos vendo o ballet "El lago de los cisnes" e disfrutamos da música en vivo da Orquesta Sinfónica de Galicia, onde estaba Manuel.
Gustounos moito!

                          


luns

AS  PARTES  DO  CASTELO

Estamos a traballar as partes do castelo e outras edificacións medievais como parte de outra das probas que temos que superar para Crabela. Expuxemos os nosos traballos e trouxemos castelos feitos de casa chulísimos!
                                        
                            


xoves

DÚAS  EXPERIENCIAS DE MESTURAS

O profe Iván chegou a clase ca súa caixa de experimentos. 
O primeiro consistiu en botar colorantes de tres cores na leite, e vimos que as cores non se mesturan debido a graxa que contén a leite.
No segundo experimento que fixemos en grupos, botamos lavavaixelas no prato co leite e os colorantes e descubrimos que as cores mesturábanse e a graxa desaparecía. Por último puxémoslle nome as nosas composicións.
Cantas cousas aprendemos!

luns

       FESTIVAL  DE  ENTROIDO

O día 13 de febreiro celebramos o festival do Entroido no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo. Xogamos a encestar aros en paus, á diana, ás construccións con carozos, ao bingo medieval e a un torneo medieval. Despois bailamos unha danza medieval e degustamos postres típicos desta data.
Pasámolo moi ben !!!

  





mércores

DISFRACES

AQUI ESTAMOS A TRABALLAR NOS NOSOS TRAXES DE CABALEIROS E DAMAS. XA VEREDES QUE CHULIS NOS QUEDAN !

                            

ACOPROS

Un membro de ACOPROS ( Asociación Coruñesa de promoción del sordo) visitounos o día 4 de febreiro para contarnos o conto: "Oliver y sus audífonos", no que nos relata a historia do elefante Oliver que necesita usar un audífono para mellorar a súa comprensión auditiva. Ademais de xogar a adiviñar sons tamén probamos un audífono.
Foi moi didáctico !
  ACOPROSonPhotoPeach

luns

A  TROMPA

Estivo na nosa escola Manuel ,o pai de Laura, que é músico e toca a trompa na Orquesta Sinfónica de Galicia. Xunto con Masako, a nai de Laura, explicounos de forma amena e divertida a evolución da trompa. Ensinounos e puidemos tocar este instrumento así como tamén un corno de touro e unha trompa alpina.
Pareceunos unha experiencia moi interesante !

                             

DÍA  DA  PAZ

O DÍA 30  DE  XANEIRO  PARA  CELEBRAR  O  DÍA  DA  PAZ,  CONSTRUIMOS UNHA MURALLA  DA  PAZ  DO  NOSO  CRA.  CADA  ESCOLA  CONTRIBUIU CON UNHA POMBA  DEBUXADA  POR  PICASSO  E  AS  LETRAS  DA ' PAZ'.   TAMÉN CANTAMOS  A CANCIÓN  "LA  MURALLA"  E  FIXEMOS  DISTINTAS ACTIVIDADES.

                             

SAÍDA  Á  CASA  DAS  CIENCIAS

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...