luns

O DÍA DE ROSALÍA UNHA FLOR E UNHA POESÍA

O día 24 de Febreiro celebramos o nacemento dunha superheroína moi importante para a nosa cultura: ROSALÍA DE CASTRO


Rosalía tivo que despedirse da súa terra e facer a maleta. Por iso desde o equipo de Normalización Lingüística se propuxo homenaxear a esta fantástica Muller e recordar a súa tan coñecida poesía "adiós ríos, adiós fontes..." 


Quixemos reproducir aqueles actos que fixo Rosalía no seu momento e fixemos unha maleta coas cousas que ela meteu.

Metemos a poesía e engadimos un anaquiño que nós mesmos elaboramos, pero tamén unha flor para non esquecer nunca a nosa cultura nin ás persoas que nos axudaron a mantela.



O DÍA DE ROSALÍA, UNHA FLOR E UNHA POESÍA

martes

CARPIÑO: QUITA MISIÓN

Na quinta misión que Carpiño nos enviou coñecimos ao seu amigo QUICO O GOLFIÑO, que últimamente non se achega as nosas costas por unha ecoameaza que dana a area das praias: AS CABICHAS.

A nosa misión consiste en escribir unha nota e agasallar a alguén que coñezamos cun cinceiro para levar a praia.






Unha vez completada a misión puxemos o cruño número 5 nas nosas credenciais


Cómo nos gusta axudar a Carpiño!!!!

Grazas ao concello de Arteixo que doou os cinceiros para poder realizar esta actividade

TIPI

Desde fai un tempo, os nenas e as nenas da aula estaban a buscar sitios onde acubillarse, por iso a familia de Breixo nos axudou a montar un espazo de tranquilidade e onde sentirnos seguros sempre que o precisemos, e que mellor que un Tipi para utilizalo con este fin.

O primeiro que vimos foron os materiais que necesitábamos para montar o Tipi.



E unha vez vistos, puxémonos mans á obra...


Pouco a pouco todos e todas fomos axudando...


O resultado non podía ser mellor!!! Nada mais rematalo xa o empezamos a utilizar, e desde logo que o imos utilizar moito.




GRAZAS LUIS, CARMEN E BREIXO POR ESTE FANTÁSTICO TIPI QUE DENDE HOXE SERÁ UNHA PARTE IMPORTANTE DA NOSA AULA!!!!

UN ANAQUIÑO DE MAR

A familia de Breixo visitounos para traernos á nosa aula un anaquiño de mar co conto "La Tortuguita y el mar"




Carmen e Breixo contáronnos cómo esta tartaruga desde que naceu viaxou polos oceanos, pero nun destes viaxes os mares xa non eran como recordaba e non tiña tantas cores, todo era escuro e gris. 


É labor de todas e todos cuidar o noso planeta, por iso quixemos recordar a nosa misión levando cada un de nós un anaquiño de mar para asa nosas casas.



GRAZAS CARMEN POR AXUDARNOS A CONCIENCIARNOS MÁIS AÍNDA NO NOSO DEBER DE COIDAR O NOSO PLANETA!!!!


luns

ANIVERSARIO DE LUCAS

HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE LUCAS EN COMPAÑÍA DE TODAS E TODOS OS COMPAÑEIROS.

PARABÉNS LUCAS
4 ANOS




ANIVERSARIO DE ÁFRICA

O PASADO 14 DE FEBREIRO FOI O ANIVERSARIO DE ÁFRICA, PEROCELEBRÁMOLO O LUNS 17 AO GRANDE!!!!

PARABÉNS ÁFRICA
5 ANOS


mércores

ANIVERSARIO DE PABLO

HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PABLO EN COMPAÑÍA DE TODAS E TODOS OS COMPAÑEIROS.

PARABÉNS PABLO
4 ANOS


martes

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de Febreiro celebramos o "Día Internacional da muller e a nena na ciencia".

Coñecimos a MARIE CURIE e a súa importancia para a ciencia de hoxe en día coa app Women (Learny Land)e os escornabots axudáronnos a descubrila pouco a pouco





domingo

EXCURSIÓN AFUNDACIÓN: O NOSO PLANETA

O pasado xoves visitamos Afundación na Coruña para ver a exposición "NUESTRO PLANETA"


Pasámolo fenomenal e aprendemos a cuidar máis se cabe "O NOSO PLANETA"


ESCORNABOTS POLA PAZ

Coa celebración do día da Paz, os Escornabots propuxéronnos un xogo cuxo obxectivo consistía en alcanzar a Paz para o noso planeta.



O dado nos indicaba o número de movimentos posibles para facer co esconabot, e se conseguíamos chegar a unha Terra e un símbolo da Paz, descubriríamos mensaxes de Paz para o noso planeta.



WANGARI MAATHAI

Wangari foi a primeira Muller africana en recibir o premio Nobel da Paz en 2004 por "a sua contribución ao desenvolvimento sostible, á democracia e a paz".





Se coidamos ao noso planeta, tamén conseguimos a Paz. Por iso coñecimos a súa historia e todo o que fixo pola Terra e as árbores, as "ÁRBORES DA PAZ".




DÍA DA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro, celebramos o "Día da Paz" no CRA de Culleredo, e quixemos homenaxear aos camións do lixo que tan importante traballo fan no noso día a día, contando o conto "EL CAMIÓN DE LA BASURA".



Para agradecerlle o seu labor, construimos o noso camión con materiais de refugallo, tal e como sucede na historia do conto.





CARPIÑO: CUARTA MISIÓN

A cuarta misión chegou á nosa aula!!!!



Esta vez coñecimos a Pura a Tartaruga que lle encanta comer corais, algas, pequenos polbos e medusas. Pero dúas ameazas están a poñela en perigo: os envoltotrios e as bolsas, xa que ela cree que son medusas e as come por error.



Por iso a cuarta misión foi unha misión de concienciación na que tivemos que debuxar coa axuda do robot Mind unha tartaruga, para despois decorala con envoltorios plásticos das nosas merendas.






E unha vez rematadas as nosas tartarugas, puxemos o cuarto selo nas nosas credenciais.




SE QUEREDES VER O BLOGUE DA PEPATECA PREMEDE AQUÍ

CALENDARIO DE ADVENTO

COA AXUDA DA NOSA MESTRA EN PRÁCTICA MIRIAM, DESCUBIRMOS CADA DÍA UNHA SORPESA NO CALENDARIO DE ADVENTO E DIRIXIDO POR UN ESCORNABOT QUE NOS...