Páxinas

martes

ALGUÉN QUIXO ROUBAR O NADAL

O Nadal xa está aquí!!! PERO... os adornos e os materiais que preparamos para comezar a decorar apareceron nunha caixa pechada cun candado.





O primeiro que vimos foi un código QR que escaneamos e apareceu unha mensaxe secreta dun personaxe que quería ROUBAR O NADAL!!!!

Quén será?? 
Porqué quere roubar a MAXIA, A ILUSIÓN, A FELICIDADE E A SOLIDARIEDADE???


No video o primeiro que nos propuxo foi un acertixo: 
"Pon un pé e despois o outro cando queiras subir ou baixar"

a seguinte pista estará na ESCALEIRA






Coa pista seguinte propúxonos un xeroglífico que ainda que era bastante difícil, fomos capaces de resolvelo!!!

A seguinte pista está no BAÑO





E cunha sopa de letras descubrimos que a seguinte pista estaba na BIBLIOTECA




Agora tocaba facer uso dos coñecementos de robótica e guiamos ó escornabot seguindo as indicacións dadas




E como reto final para descubrir o código que abriría o candado, tivemos que descubrir os amigos do 10




E tamén descubrimos que o responsable de tal trasnada foi... 

O GRINCH


Menos mal que os nenos e nenas da Choeira 2 resolveron os retos e conseguiron abrir a caixa cos adornos e tamén unha das partes máis importnates no NADAL:

MAXIA
ILUSIÓN
FELICIDADE
SOLIDARIEDADE


GRAZAS ALEX POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA QUE NOS PROPUXECHES!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...