Páxinas

luns

VOLTA Á RUTINA

Tras as vacacións de Nadal retomamos as rutinas con ilusión e enerxía.

Pero o primeiro día que chegamos os reis magos e papá Noel non deixaron nada na escola!!!!!

Comezamos a pensar que é o que sucedeu... quizais viron todo pechado e pensaron que non había ninguén... ou que non nos portamos ben... ou que xa temos moitos xoguetes... ou que non nos portamos ben... ou que non les deixamos comida.

Había que buscar unha solución!!!! Escribiremos unha carta para comprometernos a:

1º Limpar e recoller a aula,
2º Coidar e axudar aos compañeiros e compañeiras,
3º Esforzarnos no traballo,
4º Estar tranquilos e atentos,
5º Compartir as cousas cos demáis.




Por iso ao día seguinte recibimos estes agasallos cunha carta que nos dicía o seguinte




E con ela os agasallos!!!!




Agora toca traballar para poder levalos as nosas casas!!!!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...