Páxinas

luns

DECORAMOS TAZAS E COCIÑAMOS CAKE POPS

A importancia dun bo almorzo é fundamental para comenzar o día dun xeito enérgico e productivo.

Os nenos e nenas comerán moi temprano a súa actividade tanto física como intelectual, por iso para afrontar ben o día é vital que tomen un bo almorzo. É tan importante que incluso condiciona as súas aprendizaxes: segundo a Asociación Española de Pediatría os nenos e nenas que non almorzan son máis apáticos e teñen un menor rendemento escolar.

Deste xeito pensamos que o mellor xeito de afrontar este momento podería ser con algo que nos recordase aos nosos amigos e amigas da escola... DECORAMOS AS NOSAS PROPIAS TAZAS!!!!
Cada neno e nena puxo o seu propio nome e dibuxouse a él/ela mesma, pero tamén fixo un pequeno debuxo en todas as tazas para que nos recorde as nosas amigas e amigos da escola.

Ademáis, Matías nos trouxo un libro de receitas de CAKE POP que tamén fixemos, seguindo os pasos dunha receita elaborada con Panetone (un postre tradicional de Navidal en Milán)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

MUSEO DE BELAS ARTES

 Coñecimos a Carolina, unha nena de 5 anos que ten que cambiar de cidade. Axudámola a facer a maleta e coñecimos as seus estados de ánimo a ...