Páxinas

luns

Entroido na Choeira2

Durante o mes de febreiro estivemos preparando os nosos disfraces de astronautas, coma no resto do CRA.

E o día 25 de febreiro, puidemos cumplir a nosa misión espacial.


Cando chegamos á clase, despois de poñer os nosos traxes, a profe Rosa leeunos unha nota que apareceu na aula na que nos dicía que si queriamos conseguir un premio, tiñamos que buscar as pistas ata atopalo.

Así que nos puxemos mans á obra:




A primeira estaba no baño da Choeira.


A segunda na cociña do noso recanto da casiña.




A terceira atopámola no areeiro.




A cuarta estaba no calendario que utilizamos cada día.




E por último, na nosa biblioteca de aula, estaba o premio...

Queredes saber qué era? 


Un BINGO!

Ao que xogamos por parellas e nos divertiu moito!




Cando xogamos no recanto Fedello, decidimos construir o noso cohete espacial.

























Antes de acabar a xornada, quitamos unhas fotos no photocall que montou a profe Lorena:



E despois saímos coas nenas e nenos da Choeira1 a tirar confeti.




Ata o ano que ven, Entroido! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...