Páxinas

luns

Voltamos ao cole

Hoxe voltamos á Choeira2 con moitas ganas! 

Despois de xogar libremente e recibir ás nosas compañeiras e compañeiros, fixemos a asemblea e despois refixemos os equipos de traballo.






O profe Iván explicounos o novo Espazo Fedello da nosa biblioteca co que poderemos facer milleiros de construcións.



Tamén xogamos a un xogo de mesa que lle trouxeron os Reis Magos, pasámolo xenial axudando ao agricultor a recoller a súa colleita sen que o corvo acabe comendo todo.


Coa profe Inés xogamos tamén a QUEN SON? E a xogos na pantalla.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA!

Este ano para conmemorar o Día do Libro elaboramos un booktrailer do conto "Unha eiruga moi larpeira".  Ademais, durante a semana ...