Páxinas

sábado

Actividades varias na semana do Samaín

Unha das actividades foi facer apócemas: tíñamos catro receitas con diferentes cantidades de cada ingrediente: Ollos, bechos, vermes, plumas de corvo e cacas de coello.



As cabazas deron bastante xogo, sempre tíñamos un momento para ir a velas e tocalas. Ademáis, estaban acompañadas polos nosos monstros!


Na nosa biblioteca de aula apareceu unha sorpresa! 

Os trasnos do Samaín non deixan de traballar! 

Tiña un cartel que poñía: 

Non abrir ata Samaín. 

Ahí empezaron as nosas hipóteses: 

Será un agasallo?

Un boneco?

Ou unha tarta? 

Esta foi a resposta que máis nenas e nenos secundaron... 

Comprobarémolo o venres cando celebremos o Samaín! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA!

Este ano para conmemorar o Día do Libro elaboramos un booktrailer do conto "Unha eiruga moi larpeira".  Ademais, durante a semana ...