Páxinas

martes

CONSTELACIÓNS

O pasado mércores 22 de Xaneiro recibimos a visita de Sheila, a nai de Carmela, para falarnos das constelacións.



Explicounos qué son, e contounos unha das historias que xira en torno ás estrelas e ás súas formacións.



Coa mesa de luz que nos deixaron uns días Carmen e Antón López, puidemos ver as constelacións de Escorpio, Tauro... Pero tamén cun observatorio que Carmela e Sheila fixeron na súa casa.



Así, cada un fixo o seu propio observatorio cua constelación elixida por eles mesmos que levaron para casa, e poder explicar ás súas familias todo o aprendido.


Grazas Sheila por compartir con nós esta xornada e sobre todo mostrarnos as marabillas que podemos observar mirando ao ceo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...