Páxinas

luns

O CACO DE PEPA

Xa superamos o segundo reto!!!!

Esta vez o CACO DE PEPA púxose en contacto con nós mediante unha locución radiofónica na que nos propoñía facer “ARTE CON CIENCIA”.
Para elo o profe Iván trouxo diversos materiais cos que combinados deron lugar a unhas fabulosas obras de arte.




Para facer estas obras de arte dividímonos en 3 grupos (cangrexos, pingüinos e formigas) e completamos o noso itinerario de actuación e a orde de intervención.

E así, procedimos a facer esta obra de arte tan científica.

Primeiro nun prato con leite botamos colorante alimenticio vermello, azul e amarelo.



















Despois cun pouco de fregapratos tocamos estas cores o que fai que se expanda a graxa e as cores "escapen" formando as seguintes formas...

 

 


Agora só temos que enviarlle un correo electrónico ao CACO DE PEPA coas fotos para que poida comprovar que 

SUPERAMOS O SEGUNDO RETO!!!!!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NE

 Na visita a exposición de Helmut Newton tivemos a oportunidade de analizar algunha das fotos da sala e experimentamos nun laboratorio de fo...