Páxinas

sábado

O Samaín na nosa foto

Unha das propostas para estes días foi debuxar na nosa foto como nos gustaría disfrazarnos no Samaín, saíron uns traballos xeniales! 



luns

Comeza a semana do medo...

E por fin chegou o Samaín. 
Temos unha semana por diante na que o medo será protagonista: convertirémonos en bruxas, en arañas, en magos,... 








Traballo de aula

E seguimos traballando a motricidade fina, neste caso cos pompóns e unha piña, na que os teñen que meter e sacar, practicando a pinza manual.


E cos trasvases: duas pequenas xerras de auga e uns garavanzos... traballo de precisión.


Durante a mañá, van pasando libremente polo recanto de Arte, no que poden utilizar os pinceis e as cores que queren... 



O resultado do traballo colectivo é impresionante...


Digno dunha exposición de arte contemporánea.

Comezamos co Samaín

Despois de escoitar o conto "Go away, big green monster" coa teacher Sandra, ocorreusenos crear os nosos monstros con plastilina.
Ollos, patas,... o resultado xa o vedes máis abaixo






Para ambientar a aula para esta festa, estamos a traballar a motricidade fina (a coordinación ollo-man) e creando estas cabazas, pantasmas, morcegos e momias: 







E no conto "Portate bien" tamén coñecemos a uns monstros un pouco fedellos... 



Espazo fedello

Hai unhas semanas, a profe Lorena trouxo algo especial para a nosa biblioteca de aula... 

O espazo fedello!! 

Se queremos ir a xogar á biblioteca, podemos facelo con estas pezas chamadas Kapla, coas que podemos facer infinidade de construcións. Trae un libro con modelos e ideas, pero tamén podemos crear xunt@s, como o fixeron os nosos compañeiros.





Un traballo en equipo onde a superación, a constancia e a espera se traballan para conseguir un obxectivo común... 

E vaia se o conseguiron!

Acuarelas de outono

A arte en Educación Infantil é esencial, traballar con diversos materiais, útiles,... é unha gran fonte de motivación, de concentración e creatividade.

Só hai que ver as súas cariñas... 






Neste caso, debido a que entramos no outono... estamos pintando unhas follas de diversas formas... unhas máis grandes, máis pequenas, alongadas.... para practicar diferentes trazos. O que sí, teñen liberdade para usar os colores que elas e eles consideren. 

Creatividade ante todo! 

Sesións de Xogos de mesa co mestre Iván

Cada xoves, despois do recreo e dun pequeno momento de relaxación, o profe Iván tráenos diferentes xogos de mesa cos que aprendemos moitas cousas, pero unha das principais sería: 

agardar a nosa quenda 

xa que cando somos pequenos (e a algúns adultos tamén) nos costa esperar ata que nos toque participar e manter a atención durante moito tempo... así que desta maneira practicamos xogando.




BELELLE

O xoves visitamos a granxa de Belelle onde fixemos catro obradoiros: elaboramos pan, coñecimos os animais que viven alí, montamos en poni e ...